Adela Clorinda Figueroa Panisse


Pseudónimo:Curra
Categoría: Bióloga
Data de Nacemento: 6 de novembro de 1948
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É licenciada en Ciencias Biolóxicas (Santiago, 1971) e catedrática de IES (1975). Entre 1971 e 1996 foi profesora de instituto en Pontevedra e desde 1996 desempeña ese traballo no "IES Lucus Augusti" de Lugo. Participou en numerosos eventos culturais galegos: Vocal da asociación cultural "O Galo" (Santiago), relatora do I Congreso de MRPs do Estado (1983, Barcelona), cofundadora da revista "O Ensino", etc... É vocal de ADEGA e está comprometida coa plataforma Nunca Máis.

 Obras realizadas

Colabora en diferentes revistas como "Cerna", "Enciga" e xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros ou A Nosa Terra. Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO da editorial ECIR. É autora dos libros Loita contra o lume (Consellería de Agricultura) e Vento de Amor ao mar (Poesía, Edicións do Castro).

 Outros datos de interese

Desde o ano 2000 ven organizando "Encontro de Estudantes Galaico-Portugueses acerca de Río Miño e a nova cultura da auga", unha coordinadora de diferentes proxectos de innovación pedagóxica.