Benxamín Casal Vila


Categoría: Profesor, escritor e político
Data de Nacemento: 12 de xaneiro de 1935 (†30 de agosto de 2013)
Lugar de Nacemento: Lugo

Opinión
 Currículum

Foi doutor Enxeñeiro Agrónomo (Madrid) e licenciado en Ciencias Económicas (Santiago de Compostela). Entre os cargos que ocupou destacan: Director Provincial do Ministerio de Agricultura en Lugo (1985-1993), xerente territorial do Catastro en Lugo (1993-1997), xefe da Unidade de Inspección do Catastro en Lugo (desde 1997), conselleiro de Caixa Galicia (1969-1978), deputado do Parlamento de Galicia (1981-1985), Vicepresidente da Comisión Parlamentaria para o estudio do proceso de integración de España na CEE (1982-1985), Conselleiro de Enerxía, Industria e Comercio da Xunta de Galicia (1978-1979), profesor da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola (1968-1972), profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos (1988), profesor en cursos de doutoramento e posgrao na Universidade de Santiago de Compostela (1987-1988), presidente do Círculo das Artes de Lugo (1979-1988) e Vicepresidente da Editorial Galaxia (desde 1986).

 Obras realizadas

Foi autor de máis dun cento de proxectos técnicos e de gran número de artigos publicados en revistas e prensa diaria como: "Revista Galega de Estudios Agrarios", "Desarrollo Agrícola", El Progreso, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego,... Foi autor dos seguintes libros: -A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, editorial Xunta de Galicia). -Achegamento á Minería Galega (1979, editorial Xunta de Galicia). -A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, editorial Seminario de Estudios Galegos)¸ -A Galicia campesina (1984, editorial Galaxia) e O campo galego (1992, editorial O Correo Galego). Tamén foi coordinador e director dos seguintes traballos, tamén publicados: Esquema coordinado de Promoción Industrial (1978, editorial Xunta de Galicia); O sector cárnico galego (1979, editorial Xunta de Galicia).

 Outros datos de interese

Traduciu ó galego a obra de A. Bouhier La Galice editada pola Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia.