Ángel Carbajal González


Pseudónimo:Anxo Carbajal
Categoría: Actor
Data de Nacemento: 7 de marzo de 1965
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Ademais de cursar dous anos de Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, realizou un curso de interpretación en “Teatro del Andamio” a cargo de Álvaro Guevara e Tatiana Lickacheva (2003-04) e un curso de expresión corporal e voz impartido por Mª del Mar Navarro e Andrés Hernández.

 Obras realizadas

Iniciouse no teatro no carismático grupo ourensán “Rúa Viva” baixo a dirección de Manolo Vidal Vázquez no ano 1981. Con 18 anos funda e dirixe “Kéltike-teatro” (1983 - 1987) en Amoeiro (Ourense), producindo Cousas das oficinas, O carballo e o piñeiro, O burro que quixo ser cabalo, Cantigas dun cego, Crónicas afusquinadas e Espada ó prato. Kéltike-teatro asina contratos de actuación con Caixa Ourense, Caixa Galicia, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e participa no Festival de Teatro de Albox (Almería). En 1991, crea “Sal-Monela Teatro” na Coruña, no que se producen, coa súa participación, Una noche de primavera sin sueño (1992), La zapatera prodigiosa (1993), Mussicalísimo (1994), Maribel y la extraña familia (1995), El tintero (1998) e La importancia de llamarse Ernesto (2000). Tamén colabora nas series: “Mareas Vivas” (1998/1999), “Nada es para siempre” (1999), “Rías baixas” (2003/2004), “Autopsia” (2002), “Secuestrados en Georgia” (2002) e “Libro de familia” (2004/2005), en cine: Sei quen es (1999) e O lapis do carpinteiro (2001) e as curtametraxes Curling (2003), Mal de altura (2001), Puzzle (2000) e Idea original (2000).

 Outros datos de interese

Realiza diversos traballos en publicidade para Aldea, Euro-públic, Adivina Producciones, Lúa Films e o Grupo Voz de Galicia.