Antonio Díaz Fuentes


Categoría: Avogado
Data de Nacemento: 6 de junio de 1935 († 27 de maio de 2011)
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)
 Currículum

Avogado dos Colexios de Madrid, A Coruña, Vigo e Lugo, foi expresidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, deputado das Cortes Constituíntes de 1977 e das lexislaturas de 1979-82 e membro da Comisión mixta que informou o Estatuto de Autonomía de Galicia. Pertenceu ás Comisións de Xustiza e Interior, de Agricultura e de Industria no Congreso dos Deputados. Foi relator da Lei de Montes Veciñais en Man Común e da de reforma do Estatuto da Explotación familiar agraria e Agricultura de Montaña. Presidiu a Comisión de Industria que informou da Lei do Canon sobre Producción de Enerxía Eléctrica e participou no Plan Enerxético Nacional. Foi fundador e primeiro presidente do partido Coalición Galega.

O Ministerio de Xustiza, a proposta do Colexio de Abogados de Lugo, concedeulle en 2013 a Cruz distinguida de primeira clase da orde de San Raimundo de Peñafort.

 Obras realizadas

Ademais de numerosos artigos xornalísticos sobre temas políticos, xurídicos e agrarios, Antonio Díaz Fuentes é o autor de Dereito Civil de Galicia. Comentarios á Lei 4/1995, Publicación do Seminario de Estudos Galegos, Edicións do Castro, 1997, Montes vecinales en mano común, Editorial Bosch, S.A., Barcelona, 1999, Toponimia de la Comarca de Sarria, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1998, División de herencias y liquidación del régimen económico matrimonial. Comentario a la Ley de Enjuiciamiento Civil 1/2000, Editorial Bosch, S.A., Barcelona, 2001, La prueba en la nueva Ley de Enjuiciamiento Civil, Editorial Bosch, S.A., Barcelona, 2002 y Cuentos de pueblo. Cuentos de Sarria, 2003. Además, colaboró en la reedición de Práctica Procesal Civil de Brocá y Majada.