Antonio Mourelos Vázquez


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 12 de xullo de 1959
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Imaxe e Son na Facultade de Ciencias da Información (Universidade Complutense de Madrid) no ano 1982, comezou a traballar na radio en Lugo. En 1985 marchou a Compostela para facerse cargo da Filmoteca de Galicia, enmarcada dentro do Arquivo da Imaxe e dependente da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. Cara a finais do mesmo ano meteuse de cheo no mundo da dobraxe, empezando a dobrar e dirixir dobraxe de película e series, preferentemente para a recén inaugurada Televisión de Galicia, mundo no que aínda continúa. Na década dos 90 tivo a oportunidade de dirixir a dobraxe de distintas longametraxes de cine para a súa distribución comercial: "El Último Gran Héroe", "El Fugitivo", "Perdidos en África"...

É profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación impartindo a materia "Dirección e Interpretación Cinematográfica".

Dende maio de 2012 é Presidente da Academia Galega do Audiovisual.

 Obras realizadas

No ano 2000 á parte da voz, puxo o seu físico para interpretar a personaxe de "Gonzalo Lantaño" na serie de ficción de TVG "Rías Baixas". A partir de aí, e sen deixa-la dobraxe, dedicouse basicamente ó seu traballo de actor de pantalla, participando ata o momento, en cinco películas: "O Lapis do Carpinteiro", "O Alquimista Impaciente", "Os luns ó Sol", "O ano da Carracha" e "Pra que non me Olvides"; Catro películas para televisión: "Entre Bateas", "Secuestrados en Xeorxia", "Autopsia" e "A Rosa de Alexandría"; e catro series máis de televisión: "Mareas Vivas", "Terra de Miranda", "As Leis de Celavella” e "Os Matalobos" interpretando a Santiago Táboas, en 2009.

En canto a series de televisión: "Mareas Vivas", "Terra de Miranda", "As Leis de Celavella” y "Os Matalobos" interpretando a Santiago Táboas, en 2009.

En 2012 participa en "Imperium" de Bambú Producciones, para Antena 3, e nun capítulo de "El Tiempo entre Costuras", tamén para Antena 3.

Durante 2012 e principios de 2013 participa en "Libro de Familia" para TVG.

E en 2013 forma parte de "El Secreto de Puenteviejo", para Antena 3.

Participa na serie web "El Quid" que se presentou en maio de 2013 no Festival de Cans.

Dende 2014 protagoniza a serie Serramoura en TVG, interpretando a Evaristo Fiuza. 

 

 

CINE

El desconocido de Dani de la Torre (2014)

El club de los incomprendidos de Carlos Sedes (2014)

18 Comidas de Jorge Coira (2009)

La Casa de la Luz de Carlos Amil (2008)

Los Muertos van Deprisa de Angel de la Cruz (2008)

Pradolongo de Ignacio Vilar (2007)

La Mujer Invisible de Gerardo Herrero (2006)

Para que no me olvides de Patricia Ferreira (2005)

El Año de la Garrapata de Jorge Coira (2005)

Los lunes al sol de Fernando León (2002)

El Alquimista Impaciente de Patricia Ferreira (2002)

El lápiz del Carpintero de Antón Reixa (2002)

 

SERIES

2014. Serramoura. TVG (26 capítulos).

2013. El secreto de Puente Viejo. Antena 3 (190 capítulos).

2012. Imperium. Antena 3 (6 capítulos).

2011. El tiempo entre costuras. Antena 3 (2 capítulos).

2011-12. Libro de Familia. TVG (32 capítulos).

2009. Los Misterios de Laura. TVE (Capítulo 1).

2009. Padre Casares. TVG (2 capítulos).

2009-2010. Matalobos. TVG (39 capítulos). Premio Mestre Mateo 2011 al Mejor Actor de Reparto.

2007-2008. Os Atlánticos. TVG (26 capítulos).

2007. Desaparecida. TVE (2 capítulos).

2006. El Comisario. TELE 5 (1 capítulo)

2006. Parvos pero non tanto. TVG (capítulo piloto).

2003-2005. As leis de Celavella. TVG (38 capítulos). Premio Mestre Mateo 2005 al Mejor Actor de Reparto.

2005. Cuéntame. TVE (1 capítulo).

2005. Cuarto sen ascensor. TVG (1 capítulo).

2002. Terra de Miranda. TVG (2 capítulos).

2001. Mareas Vivas. TVG (3 capítulos).

2000-2001. Rías Baixas. TVG (40 capítulos).

 

TV-MOVIES

Hotel Almirante de Antonio Cuadri (2014).

O códice de Jorge casinello (2014).

La Huella del Crimen (El Crimen de los Marqueses de Urquijo) de Pedro Costa (2009).

Latidos de Carles Pastor (2006).

Raçons de la Memoria de Sergi Schaff (2005).

Diario de un Skin de Jacobo Rispa (2004).

Secuestrados en Georgia de Gustavo Balza (2003).

Autopsia de Milagros Bará (2003).

La Rosa de Alejandría de Rafael Monleón (2003).

Entre Bateas de Jorge Coira (2002).

 

 Outros datos de interese