Carlos García Bayón


Categoría: Mestre, escritor e xornalista
Data de Nacemento: 1 de Outubro de 1914 (†20 de Xullo de 2003)
Lugar de Nacemento: Caldas de Reis (Pontevedra)
 Currículum

Mestre de ensino primario. Exerceu en diferentes escolas. En Ribeira fundou o Colexio Bayón, con sesenta anos de existencia.

 Obras realizadas

É escritor e xornalista e publicou a súa obra en tódolos periódicos e revistas de Galicia e ademais en ABC e La Vanguardia. Cultivou o artigo, a reportaxe e a entrevista. A súa máxima actividade está na Voz de Galicia. OBRAS: Viajes Galaicos Los caminos de Santiago en Galicia Riveira: Guía apasionada Guía de las heráldicas de Pobra do Caramiñal Piedras Ilustres de La Barbanza Nueva Galería de Piedras Ilustres Guía de las heráldicas de Boiro Valle-Inclán y Viana del Prior Muros y Xallas Torre Xunqueiras y los Gasset García Martí: un olvidado Viajes por el Románico Quince pintores pontevedreses. Ademáis deixou inéditos Torre das Xunqueiras, Los Gasset y otras personalidades, e Paseo por Don Victoriano García Martí.

 Outros datos de interese

Recibiu máis de 40 premios, especialmente o 'Godó', o 'Fernández Latorre' e o 'Julio Camba' de periodismo, tamén o 'Álvaro Cunqueiro' e o 'Pérez Lugín'. Galardoado coa medalla ó mérito turístico e a medalla Castelao pola Xunta de Galicia.