Carlos Rodríguez Arias


Categoría: Productor de televisión
Data de Nacemento: 20 de setembro de 1947
Lugar de Nacemento: Canedo, A Pobra do Brollón (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Foto Carlos

Facebook
 Currículum

Estudios na Escola de Mestría Industrial de Lugo. -1964: dependente nun comercio de fotografía, participa en varios concursos fotográficos e consegue diversos premios. -1969: participa nun corto con Manolo Sicart como cámara e montador, conseguindo o segundo premio no festival de Vilagarcía. -1970: exerce como fotógrafo profesional. -1973: colabora como fotógrafo co xornal El Progreso e a axencia Europea Press. Funda o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá (socio de honra) e a Semana de Cine de Autor de Lugo. -1980: dirixe o primeiro taller de vídeo e vídeo-club “Videolugo”. -1986: cofundador e director técnico da Productora de Vídeo Ophiusa, S.L. e cofundador das editoriais Ophiusa e Citania de Publicaciones, dedicadas á publicación de libros en galego, especialmente de temas culturais e educativos. -1994: cofundador e director técnico da primeira televisión local de Lugo. -2000: cofundador e director técnico da plataforma dixital en Internet “Galiciadixital.com”.

 Obras realizadas

Cámara e realizador de máis dun cento de programas para Ophiusa, emitidos por Televisión de Galicia e Televisión Española en Galicia. Cámara realizador/montador de numerosas produccións en vídeo da colección “Videoteca de Galicia”, dúas delas declaradas “Vídeos de interese turístico nacional” polo Ministerio de Comercio e Turismo. Productor e realizador de diversos programas (1994-98) en Televisión Lugo. Autor das fotografías de diversos libros da editoral Everest.