Carlos Villanueva


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Melilla
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Residiu desde os catro anos en Lugo formándose no Instituto e no Seminario de Lugo ata o seu paso á Universidade. É catedrático de Música na Universidade de Santiago e doctorouse nesta universidade coa tese ‘Los Villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo’. Ten publicados ó longo destes anos varios libros, como autor ou como editor: ‘Los Villancicos Gallegos’, ‘El Pórtico de la Gloria. Música Arte y Pensamiento’, ‘Los Villancicos en gallego de Melchor López’, ‘Polifonía Galega’, ‘Las lamentaciones de Semana Santa de José de Vaquedano’ o ‘Los sonidos del Pórtico’, así como os catálogos das catedrais de Tui e Mondoñedo e outras publicacions relacionadas co mundo medieval: ‘La imago Musicae del Pórtico de la Gloria’, ‘Cantigas do mar (Homenaxe a Joan de Cangas, Mendiño e Martín Codax)’, ‘La Música en Piedra en el Camino de Santiago’ (para el congreso Internacional de Oviedo, 1998), ‘As cantigas do mar de Martín Codax’, ‘Criterios, fontes e materiais para interpretación da música medieval Galega en Galicia’ e ‘O feito diferencial’, entre outras
Formado musicalmente no Seminario de Lugo co mestre José Castiñeiras e o violinista Ramón Martínez, onde foi primeiro organista, fundou en 1977 ‘In Itinere’ (Grupo de Cámara da Universidade), grabando un bo números de discos que conseguiron unha grande relevancia nacional e internacional.
Foi en tres ocasions Visiting Professor da Universidade de Pennsylvania (USA) e formou parte do Comité Científico da Universidade Católica do Porto. Impartiu conferencias e seminarios en diferentes universidades de Europa e dos Estados Unidos e co Grupo de Cámara, do que é investigador principal, tense presentado durante vintecinco anos nas principais salas de concertos e festivais de Europa, África e América. Ten gravados nove discos con temas relacionados co Camiño de Santiago e maila música medieval galega: ‘A Música en Galicia nos séculos XII e XIII’; ‘La Música medieval en Galicia’; ‘Romeros y peregrinos’; ‘In Itinere’; ‘Alfonso X ‘In memoriam’; ‘Qui transitis per viam’; ‘Os sons do Pórtico’; ‘A música nas catedrais galegas, séculos XVI e XVII’; ‘La Música en el Camino de Santiago’ e ‘Trovadores y neotrovadores gallego-portugueses’, premios nacionais de discografía estes dous últimos en 1982 e 1986.
Foi crítico musical de El Correo Gallego e La Voz de Galicia, así como corresponsal da revista ‘Ritmo’. Traballou durante unha década (de 1980 a 1990) dirixindo as actividades culturais do Vicerreitorado de Extensión Cultural da Universidade de Santiago. Acadou, como director do seu Grupo, o Premio da Crítica de Vigo en 1982 e 1986 e o Premio Galegos do Mundo (do xornal El Mundo) en 2002.
É asesor musical da Fundación Pedro Barrié de la Maza, baixo o patrocinio da que codirixiu o Proxecto de Construción dos Instrumentos do Pórtico da Gloria (1990-1994), que culminou coa presentación en concerto das 19 pezas reconstruídas por artesáns de diversos puntos de Europa e maila gravación do disco ‘Os Sons do Pórtico da Gloria’. É Premio da Crítica Galicia 1982 e 1986. É asesor científico de revistas especializadas como ‘Cuadernos de Música Iberoamericana’, a ‘Revista de la Sociedad Española de Musicología’, ou a do Museo de Pontevedra, entre outras. En 2005 foi comisario da exposición ‘Tientos e silencios’, dedicada ó compositor lucense Jesús Bal y Gay, así como editor do catálogo. Ten en proxecto para 2007 os prólogos das edicións dos cancioneiros populares de Torner-Bal y Gay e de Casto Sampedro, baixo o patrocinio da Fundación Barrié de la Maza.