Carolina Ramos Pollán


Categoría: Fundadora e directora de Katarsis, Educación e Teatro, S.L.
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciada en Arte Dramática (Saint Mary College, Leavenworth, Estados Unidos, 1998). Está rematando a tese para adquirir o doutoramento en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña. Realizou o primeiro curso na Escola de Arte Dramática de Cristina Rota e participou nos seguintes cursos e obradoiros: ‘Improvisación e Expresión Corporal’ por Arsenio Jiménez (Santiago de Compostela), taller de Commedia dell’Arte por Fabio Mangolini (Santiago de Compostela), taller de Dirección de Escena (impartido pola Asociación de Directores de Escena de España), “Interpretando a Shakespeare” (Oxford School of Drama, Oxford, Gran Betaña) e “Combate en escena” (Saint Mary College, Leavenworth, Estados Unidos).
Conseguiu unha bolsa coa compañía canadense de teatro para nenos Carousel Players, do Consello das Artes de Ontario, para o proxecto “Two voices: One story” (2003-04) e outra do concello de Saint Catharines, Ontario para o proxecto “Safe at home”, continuación de “Two voices: One story” (2004-05).

 Obras realizadas

Foi profesora na Brock University (Departamento de Lingua, Literatura e Cultura Modernas, 2003-06), no teatro en español para fillos de refuxiados latinos, organizado por L.I.N.C.A. (Latin Immigrant Niagara Community Association) (2002-2004), no curso de español para adultos no Grimsby Secondary School System (Ontario, 2002-03), no curso de teatro para nenos en tres colexios da Coruña e nun instituto (Instituto Rafael Dieste), no curso de teatro en inglés no Colexio Público San Francisco Javier (A Coruña, 1998-99), no curso de teatro para a terceira idade no Forum Metropolitano da Coruña (1998-99) e no curso “Como falar en público” no Fórum Metropolitano (A Coruña, 1998-99).
Traballou como coordinadora de xiras nacionais e internacionais, auxiliar de marketing co Theatre Beyond Words, Canada’s International Visual Theatre Company, St. Catharines, ON, Canadá. (1999-2005) e delegada de Arte Dramático no Forum Metropolitano (A Coruña).
Colaborou no libro “Defiant Deviance. The Irreality of Reality in the Cultural Imaginary” editado por Cristina Santos e Adriana Spahr e publicado por Peter Lang Publishing (Nova York, 2006) e publicou varios artigos na revista Canal Magazina de Canada.
Dirixiu e fixo o guión das seguintes obras: ‘Imaginarius’ (2005/06), ‘A Diáspora’ (2005), ‘Dúas voces e unha historia’ (2004), ‘Moby Dick’ (2003), ‘O Circo das máscaras’ (2001), ‘Gulliver’ (2000), ‘Os Quinquilláns, Noite de Reis’ (2000), ‘O sono dunha noite de verán’ (1999), ‘Ligazón by Valle Inclán’ (1998), ‘Un criado de dous amos’ (1997) e ‘O amor de Don Pirlimplín con Belisa no xardín de Lorca’ (1997).

 Outros datos de interese

Interpretou as seguintes obras teatrais:
2004. “Silla Old Men Ought Not to Fall in Love” (Primeira representación da obra de Castelao en inglés) e 'Micaela, Nai de Pimpinela e coro’.
2002-2003. “My Father’s Circus”.
2002. “Nuthin’ But Trouble” Nancy Potato, Theatre Beyond Words.
2001. “School Daze” Nancy Potato, Theatre Beyond Words.
2001-2003. Suite Potato (Interpretada coa orquestra sinfónica de Montreal e a orquestra sinfónica de Victoria, Vancouver).
2000. “Seven Potato More”. Nancy Potato, Theatre Beyond Words.
1999. “Tardes de Teatro”, A Coruña.
1999. “El Embrujado de Valle Inclán”. Centro Dramático Galego.
1999. “Las Galas del Difunto de Valle Inclán”. Centro Dramático Galego.
1998. “O sono dunha noite de verán”, Saint Mary College, Kansas, Estados Unidos.
1994. “A Street Car Named Desire”, Saint Mary College, Kansas, Estados Unidos.
1998. “Goldie Locks and the 3 bears”, The Theatrical Company, Kansas, Estados Unidos.
1998. “A Boda de Bette e Boo”, Saint Mary College, Kansas, Estados Unidos.
1997. “O criado de dous amos”, Kansas City Renaissance Festival.
1995. “Mulleres pouco comúns de Wendy Witgenstein”, Saint Mary College, Kansas, Estados Unidos.

Página web: www.katarsiseyt.com