Concha Blanco Blanco


Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: 19 de xuño de 1950
Lugar de Nacemento: Lires, Cee (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Cursou Bacharelato no Instituto "Concepción Arenal" en Ferrol para logo segui-los estudios de Maxisterio en Compostela. O seu labor docente comezou na Escola de Nemiña, Muxía. Logo pasou polas localidades de Ézaro, Brens, Dumbría e Cee onde agora imparte clases de Lingua e Literatura Galega no IES "Agra de Raíces".

 Obras realizadas

É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e de Secundaria e das correspondentes "Guías Didácticas". Foi correspondente de prensa varios anos e colaboradora, cos seus alumnos, en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de Formación do Profesorado, Xornadas de N. L. e obradoiros literarios. Entre as súas obras destacámo-los seguintes libros: Contos para a escola, Cousiñas para a escola, Chuchamel, O noso Pepe, ¿Andrómenas?, A misteriosa montaña de Pena Negra, A vaca titiriteira, O milagre de Carola, A papoula era máxica, A camioneta da media risa, Marcelo non me toma o pelo, A disco ecoloxista, A maxia da bóla metálica e outros contos, O vestido de Cora, As loucas vacacións dunha formiga, O aniversario de Ana, A aventura dasa cores, ¡A min que me importa!, Querido Iván, Quero que veñan meus pais, A casa de cartón, Berta, Estela a domadora de ras, Boris, Sara, A bruxiña da sorte, Boris e compañía, Tita, Poemas para pintar.

 Outros datos de interese

Foi premiada dúas veces pola Agrupación cultural "O Facho" (1982 e 1983), finalista do "Premio Barco de Vapor" (1988), finalista tres veces do "Premio Merlín" (1996, 1999 e 2003), obtivo o accésit do "Premio Lazarillo" (1997), Premio Lecturas “Galix” (2002), finalista no Premio Frei Martiño Sarmiento (2007), Premio Novela por Entregas “La Voz de Galicia” (2007).
Tradución: As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro diccionario de imaxes. Galego-Inglés (2006).