Enriqueta Otero Blanco


Pseudónimo:María de los Dolores, Pasionaria Lucense
Data de Nacemento: 10 de febreiro de 1910
Lugar de Nacemento: Castroverde (Lugo)
 Currículum

Proviña dunha familia de labradores cun bo patrimonio, o seu pai descendía dunha familia de fidalgos. Os seus primeiros estudios impartiullos un tío seu, que era sacerdote e cóengo, logo foi vivir a Lugo e no Colexio da Milagrosa estudiou o bacharelato para logo estudiar Maxisterio, que rematou a finais da década de 1920. O seu primeiro destino como mestra foi San Cosme de Barreiros, logo foi destinada a outros pobos y posteriormente aprobou as oposicións e marchou a Madrid, onde ampliou estudios na especialidade de xordomudos. Cando estallou a Guerra Civil exerceu de practicante no hospital de Carabanchel e entrou na dirección e administración do referido centro hospitalario, formando parte do comité de dirección do mesmo. En Madrid foi directora de varios centros hospitalarios e culturais. Rematada a Guerra Civil, foi levada ó cárcere de Ventas, de onde escapou e fuxiu a Lugo.e despois a Becerreá, onde comezou a súa etapa de guerrilleira, foron sete longos anos durante os que permaneceu fuxida da xustiza. Foi detida en Lugo e estivo en prisión desde 1946 a 1965. No Tribunal Militar da VIII Rexión Militar foi xulgada por atentado contra a forza pública, sendo condenada a morte, que lle foi conmutada pola de trinta anos de reclusión. En 1965 foi posta en liberdade e regresou á súa terra natal. En 1974 foi reposta como mestra de escola e en 1975 foi destinada á escola de Fontarón.

 Obras realizadas

A Deputación Provincial publicou o seu libro “Tesis Universidad Popular, O Carriño”, no que se recollen os resultados dos “Encontros de Alternativas á Escola no Medio Rural”, que se desenvolveran en Pontevedra os días 13, 14 e 15 de marzo de 1985.

 Outros datos de interese

Impulsou proxectos culturais e asociacións, axudou a rehabilitar as escolas de Cellán e Freiria, e creou a Asociación de Veciños de Castroverde. Ten dedicada unha rúa en Lugo. O Concello de Lugo editou o libro 'As vidas de Enriqueta Otero Blanco', de Ángel Rodríguez Gallardo (2005).