Fausto Galdo Fernández


Categoría: Médico
Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum:

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago en 1968, especializouse en Reumatoloxía na Universidade de Barcelona en 1972 e doutorouse, tamén na Universidade de Santiago, en 1994. É o xefe do servicio de Reumatoloxía no “Hospital Juan Canalejo” da Coruña e profesor asociado da Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Saúde). Ademais, é académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2001) e académico correspondente da Real Academia Galega (2003).

 Obras realizadas:

Baixo a súa dirección formáronse dezasete especialistas en Reumatoloxía polo sistema MIR que traballan en Galicia e léronse nove teses de doutoramento. Ten publicados máis de cento cincuenta artigos profesionais, trinta e oito deles en revistas estranxeiras de máximo impacto e trece capítulos de libros. Ademais, participou en máis de trescentas comunicacións a congresos da súa especialidade. Polo que respecta ós seus libros publicados, destacan fundamentalmente: ‘Reumatismo en Galicia’ (Colección Galicia Médica. Disposta pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia), Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa, A Coruña, (1980); ‘Pintores y pintura de Viveiro’, Edicións do Castro, Sada, (1992); ‘Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia’ (Publicacións do Seminario de Estudios Galegos (5)), Edicións do Castro, Sada (1995); ‘A Coruña en la historia de la viruela’, Carlos González Guitián, Fausto Galdo, Biblioteca Coruñesa, Via Láctea Editorial, A Coruña (1996); ‘A memoria de Lugo’, Carlos Díaz Martínez. Paco Martín. Fausto Galdo. Manuel María. Lois Diéguez, Xerais Galicia, Vigo (2000); ‘Quinientos años de Reumatología en Galicia’ (Discurso para a recepción pública do académico electo), A Coruña (31 de outubro 2001). Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; ‘Bibliografía gastronómica de Galicia’, Fausto Galdo. Guillermo Escrigas, Bibliografía de Galicia 20. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Santiago de Compostela (2003) e ‘A memoria de Viveiro’, Fausto Galdo. Carlos Díaz, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2004).

 Outros datos de interese:

Foi galardoado co Premio Barrié de la Maza, (Real Academia de Medicina de Galicia, 1979), o Premio Nacional de Gastronomía de Galicia (Lalín, 1999) e a Folla de Prata do Albariño (Cambados, 2000). Ademais, é membro do Seminario de Estudos da “Terra de Viveiro” (coordinador de publicacións), membro da Academia Galega de Gastronomía e Irmandinho dos Vinhos de Galicia.