Fernando Alfredo Pensado Barbeira


Categoría: Político e médico
Data de Nacemento: 5 de agosto de 1952
Lugar de Nacemento: A Baña (A Coruña)
 Currículum

 

A súa traxectoria profesional aparece marcada por dúas grandes paixóns das que nunca se separou: a medicina e a política.
Realizou os estudos de Grao Medio no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela.
Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago e diplomouse en Sanidade.
Ten un Master en Administración e Xestión Sanitaria. Actualmente exerce como Médico en Palas de Rei desde maio de 1978 e tamén é alcalde deste concello.
 

 

 Obras realizadas

En canto a súa experiencia no ámbito da política destaca como un gran activista do Partido Popular así como por ser o Alcalde-Presidente do Concello de Palas de Rei: entre 1983 e 1985 e dende 1999 ata a actualidade.

Pero as súas dotes de político deixounas entrever máis ala da corporación local, xa que tamén foi Deputado Provincial entre 1983 e 1988 e desde 2003 a 2007. Así pois, tamén foi parlamentario autonómico entre 1985 e 1999 e presidente da Comisión de Sanidade e Portavoz da Comisión de Obras Públicas durante 14 anos.
 

 

 Outros datos de interese

Está casado e ten dous fillos.