Francisco Cerviño González


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 24 de maio de 1945
 Currículum

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e diplomado en Dirección Médica, traballou como médico interno e residente (MIR) na Clínica Puerta de Hierro, médico nefrólogo no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela e profesor da Facultade de Medicina de Santiago. Traballou tamén como médico nefrólogo no Hospital Juan Canalejo da Coruña, do que foi director xerente entre 1983 e 1991. Ademais, foi profesor de Xerencia Hospitalaria na Escola Nacional de Sanidade de Madrid, director xerente do Hospital Gregorio Marañón de Madrid (1991 e 1993), e profesor do Centro Universitario de Saúde Pública da Universidade Autónoma de Madrid no Master en Xerencia Hospitalaria.
Polo que respecta á súa carreira política, foi asesor da Comisión Parlamentaria para a Análise, Avaliación do Sistema Nacional da Saúde (Comisión Abril), membro fundador da Asociación Democrática de Estudiantes Galegos, dirixente do Sindicato Democrático de Estudiantes da Universidade de Santiago, membro dos Comités Nacionais das Folgas dos MIR, membro fundador e presidente dos dous primeiros congresos do Sindicato Galego de Sanidade (1977) e presidente do Comité de Empresa do Hospital Juan Canalejo. Afiliado á Esquerda Galega e PSG-Esquerda Galega, afiliouse ó PSdeG-PSOE en 1995, do que foi vicesecretario xeral 1998-2000. Foi tamén secretario de Sanidade da CENG e deputado autonómico na cuarta, quinta e sexta lexislatura: voceiro da Área de Sanidade, membro da Comisión de Política Social e Emprego e Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG.