Francisco Xavier Senín Fernández


Categoría: Mestre e escritor
Data de Nacemento: 13 de maio de 1949
Lugar de Nacemento: Pontecesures (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filoloxía Moderna (Francés), catedrático de bacharelato de Francés e subdirector de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas desde 1987 ata xullo de 2006, foi vicepresidente da Asociación de Traductores Galegos desde a súa creación. Desde 2000 ata febreiro de 2004 foi presidente da “Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil” (OEPLI). É profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de iniciación, perfeccionamento e especialización en lingua galega. Foi corrector lingüístico da Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto para Ediciones SM (lingua galega e ciencias sociais) e para a Editorial Galaxia-Ediciones SM (lingua galega). Na actualidade é profesor de Francés no Instituto Monte de Conxo de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Coautor de dous libros de texto de Edicións Xerais de Galicia (Lingua Galega 1º de BUP e Galego 2º de BUP), realizou traduccións ó castelán para Alfaguara, Lóguez e Bruño e máis de cen ó galego para diversas editoriais: Galaxia, Argos Vergara, Bruño, Edelvives, Ariel, SM, Xerais, Anaya, Rodeira, Everest e Obradoiro. Foi redactor responsable da edición galega de O Correo da Unesco desde a súa aparición en 1989 ata o último número en 2001. Baixo o pseudónimo de Luís Lamas escribiu unha serie de artigos de divulgación sobre libro e lectura para El Ideal Gallego en 1990-91.

 Outros datos de interese

Na actualidade mantén dúas colaboracións semanais en El Correo Gallego baixo o título xenérico de “Devagar”.