Jesús Lista Neira


Pseudónimo:Suso Lista
Categoría: Actor, patrón de pesca litoral, percebeiro, mariñeiro e bombeiro forestal
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

EXPERIENCIA PROFESIONAL
2006. Personaxe de reparto na serie “A Vida por Diante”, producida por Vide Voz e dirixida por Carlos Sedes e na serie “Libro de Familia”, producida por Editorial Compostela e dirixida por Mariana Carballal.
Obra de teatro: “O Facedor de Teatro” de T. Bernhard, dirixida por Manuel Lourenzo.
Curtametraxes: “Unha e outra Vez”, Produccións F.C.C. (Pontevedra); “Fogar doce Fogar”, Produccións Solidaridad Internacional; ”Vertical”, Prod. C. Audiovisual (A Coruña); “A Crise da Pesca”, dirixida por Omar Rabuñal e producida polo Concello de Boiro e “Intrusos”, “O Feitizo das Volvoretas” e “Oeste”, producidas por E.I.S. Coruña.
2005. Teatro La Fura dels Baus. Espectáculo “Naumaquia. Peregrinos da Noite”. Dirección Carlos Padrissa.
Estudio de Teatro Casahamlet. Espectáculos: “Por Favor, abran as cortinas” (Textos de Sarah Kane) e “A Terraza” de Isaac Ferreia. Dirección: Manuel Lourenzo.
TV-Movie “Chapapote… o no?”, Producida por CPI Barcelona e dirixida por Ferrán Llagostera.
Actor protagonista na curtametraxe “A Soga da Soidade”, producida por C.E.A. T.I.C. Dirixida por José Millares.
2004. Interpretación como actor na serie “Rías Baixas” producida por Zenith TV para TVG.
2003. Interpretación como actor de reparto na TV-Movie “La Rosa de Alejandría”, dirixida por Rafael Moleón e coproducida polo Institut del Cinema Cátalá S.A. e Voz Audiovisual S.A..
2002. Interpretación como actor de reparto na serie “Mareas Vivas” interpretando o personaxe de Suso Lista en 22 capítulos, dirixida por Emilio Mac Gregor e Sandra Montes e producida por Voz Audiovisual, S.A. para a TVG, S.A.
Intervención no programa piloto “Made in Galicia” para TVG, S.A., dirixido por Rosa Castro.
2001. Interpretación como actor de reparto na serie “Mareas Vivas” interpretando o personaxe de Suso Lista en 12 capítulos dirixida por Emilio Mac Gregor, Sandra Montes e Chema Gagino e producida por NTR Telefábrica, S.A. para a TVG, S.A..
2000. Asesor e protagonista no documental “Vida nas Mareas” dirixida por Jorge Coira e Cheche Carmona, producida por NTR Telefábrica, S.A. para TVG, S.A.
Interpretación como actor de reparto na serie “Mareas Vivas” interpretando o personaxe de traballador do varadoiro en 6 capítulos, dirixida por Emilio Mac Gregor e producida por NTR Telefábrica, S.A. para TVG, S.A.
1998. Interpretación como actor na serie “Mareas Vivas”, interpretando o personaxe de mariñeiro nun capítulo, dirixida por Antón Reixa e producida por Vídeo Voz, S.A.