José Mª Ramón Iglesias Veiga


Data de Nacemento: 30 de agosto de 1957
Lugar de Nacemento: Sanguiñeda, Mos (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Diplomado en Profesorado de EXB e Licenciado en Xeografía e Historia. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Arte da Facultade de Xeografía e Historia da UNED de Madrid e na actualidade ultima a súa tese de doutoramento ‘A tendencia rexionalista na arquitectura galega das primeiras décadas do século XX’. É membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, institución na que desempeñou o cargo de
secretario-conservador. Exerce a docencia no Instituto de Ensino Secundario ‘Pino Manso’ do Porriño. A súa labor como historiador céntrase en temas relacionados coa arte e arquitectura do XIX e primeira metade do seculo XX. Publicou numerosos libros e artigos de investigación sobre a arquitectura galega dese período, en especial da área viguesa. Tamén colaborou en libros de carácter xeral, como a colección Artistas Galegos (Nova Galicia). Dentro das monografías destacan as dedicadas ao arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. En relación con este arquitecto, participou como asesor técnico na exposición sobre a súa obra organizada pola Xunta de Galicia (A Coruña, Vigo e Madrid, 1998-1999). Formou parte do comité científico das exposicións ‘Antonio Palacios, constructor de Madrid’ (Círculo de Belas Artes, Madrid, 2001) e ‘Antonio Palacios. Constructor de cidades’ (Vigo, 2002).

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros: ‘Antonio Palacios, Arquitecto. Do Porriño a Galicia’, (Pontevedra, Deputación Provincial, 1993); ‘Antonio Palacios, A pedra, o país, a arte, o urbanismo...’, (Vigo, Ir Indo, 1995). Conxuntamente con Xaime Garrido: ‘Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista’ (Vigo, Xerais, 1995); ‘Vigo, arquitectura urbana’ (Caixa Galicia - Concello de Vigo, 2000); ‘Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo’, (Caixa Galicia, Concello de Vigo, 2003). Con Jacobo Armero Cahutón: ‘Antonio Palacios. Plan de extensión e reforma interior da cidade de Vigo’, (Madrid, AEE ed, Concello de Vigo, 2002). En colaboración con Diego Giráldez García: ‘O Porriño. Arquitectura urbana’ (Concello do Porriño, 2004).
Outros traballos de investigación publicados: ‘Arquitectura y cinematógrafo en la ciudad de Vigo: Palacios, Gutiérrez Soto, Francisco Castro y Pedro Alonso’ (Madrid, 1992); ‘Contenidos regionalistas en la arquitectura de Antonio Palacios en Galicia’ (Madrid, 1994); ‘Conflictos entre titulados: mestres de obras e arquitectos na cidade de Vigo, 1800-1925’ (Vigo, 1996); ‘A igrexa da Veracruz do Carballiño: un tardío e singular exemplo do rexionalismo arquitectónico en Galicia’ (O Carballiño, 2000); ‘Antonio Palacios en Nigrán: a procura dunha arquitectura de raíces galegas’ (2000); ‘Antonio Palacios: arquitecto metropolitano y arquitecto regionalista’ (Madrid, 2001); ‘A creación do museo Quiñones de León como espacio dedicado á ‘Arte Regional’ (Vigo, 2003) e ‘Arquitectura modernista en Galicia: unha opción cosmopolita matizada pola tradición’ (Santiago, 2004).