José Ramón Varela Rey


Categoría: Alcalde do Concello de Malpica de Bergantiños
Data de Nacemento: 22 de marzo de 1955
Lugar de Nacemento: Carballo (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudios de Maxisterio con especialidade en Ciencias Naturais e Matemáticas. Actualmente adscrito a Secundaria na especialidade de Ciencias Naturais.
Como estudante foi bolseiro ininterrompidamente desde 1º de bacharelato ata rematar a carreira de mestre.
1977-1978. Colexio ''LEUS'' (Carballo). Este ano aprobou a oposición (1ª convocatoria despois de rematar os estudios).
1978-1979. Escola Unitaria de Nenos de Sofán- Iglesia (Carballo).
1979-1981. C.P. Corme (Ponteceso). Secretario do Centro.
1981-1985. C.P. Buño (Malpica). Secretario do Centro no primeiro ano e director nos tres anos seguintes.
De 1985 á actualidade. C.P. “As Revoltas” (Cabana) desde 1987, xefe de Estudos.
Desde setembro de 2003 ten dedicación especial para exercer como Alcalde.

 Obras realizadas

CULTURA: Colabora coa maior parte das Asociacións da Comarca de Bergantiños informando e xestionando subvencións que saen ó longo do ano.
Fundador e tesoureiro da Asociación Cultural "As Revoltas" de Cabana en 1992.
Presidente da Asociación Cultural "As Revoltas" de Cabana de Bergantiños desde setembro de 1997.
Coordinador do xornal "O Berro Seco" que sae cada ano coincidindo coas Letras Galegas.
Deixou de ter cargos directivos no momento de ser elixido alcalde de Malpica.
POLÍTICA: Militante do PSOE desde 1987 (Agrupación de Malpica).
Ingresou no PSdeG-PSOE en 1987, presentándose como candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños.
1991. No Congreso celebrado na Comarca de Bergantiños foi nomeado secretario xeral por unanimidade.
Candidato, co número 9, nas Eleccións Xerais de 1992.
Membro da Mancomunidad de Bergantiños.
1992. Creador do carné de simpatizante do PSdeG-PSOE, Comarca de Bergantiños.
Candidato ás eleccións autonómicas nas eleccións de 1993 ocupando o nº 8 da provincia da Coruña.
Candidato á Alcaldía de Malpica de Bergantiños nas eleccións de 1999.
Concelleiro de Malpica desde xuño de 1987.
Nomeado Alcalde de Malpica o 3 de xullo de 1999.
En febreiro do ano 2000 é nomeado Presidente do Comité Comarcal do PSdeG-PSOE en Bergantiños.
Nomeado Alcalde de Malpica en 2003.
Conselleiro Xeral de Caixa Galicia desde 2003.
Nomeado Alcalde de Malpica o 16 de xuño de 2007.

 Outros datos de interese

DEPORTE: Foi fundador e presidente da Agrupación Deportiva "Illas Sisargas" de Malpica, exercendo de presidente ata marzo de 1993. En xuño do mesmo ano foi nomeado presidente de honra da citada agrupación deportiva.
Como Presidente de "Illas Sisargas" tivo innumerables iniciativas: Ligas de Fútbol Praia en todas as categorías, Brilé na Praia, Volei-Praia, Fut-Volei, "Regata de Bateles Costa da Morte", Regata "Illas Sisargas" de Vela, primeiros maratóns de Malpica de Fútbol, Volei-Praia e Baloncesto, Regatas de windsurf, etc...
Como xogador de fútbol estivo integrado nos seguintes equipos: Bergantiños Xuvenil, Deportivo Carballo, Bergantiños, Bayo, Sofán, Malpica e Corme.
Foi adestrador nacional de fútbol (1996), militando nos seguintes equipos: Temporada 82-85: Corme C.F.; 85-86: Bergantiños; 86-87: Cabana; 87-89: Xallas; 89-93: Zas; 94-99:Bayo; O 3 de xullo de 1999 deixou de exercer como adestrador ó ser nomeado alcalde de Malpica. Adestrador de Fútbol Sala.
Ademais, foi monitor de baloncesto, tenis de mesa, voleibol e bádminton, tesoureiro do Club Gillán de Xadrez de Malpica e fundador da Agrupación Deportiva "As Revoltas" de Cabana, da que foi vogal ata a elección como alcalde.