José Villaamil y Castro


Categoría: Arquiveiro, bibliotecario, anticuario e historiador
Data de Nacemento: 12 de novembro de 1838 (†† 27 de setembro de 1910)
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Aínda que naceu en Madrid era descendente de galegos e pasou a súa infancia e parte da súa xuventude en Mondoñedo. Estudiou na Escola Superior de Diplomática de Madrid, onde obtivo o título de arquiveiro, bibliotecario e anticuario, e ó mesmo tempo cursou Dereito na Universidade Central, graduándose de doutor. Antes de ingresar no Corpo de Arquiveiros, foi xuíz municipal e síndico do Concello de Mondoñedo. Tamén traballou nas bibliotecas das Facultades de Farmacia e Dereito da Universidade Central. Foi socio fundador e secretario da Sociedade Xeográfica de Madrid, profesor de Historia de España na Escola de Institutrices, catedrático de Paleolografía Xeral e Crítica no curso 1878-79 na Escola de Diplomática e explicou dous cursos no Ateneo de Madrid sobre "Arqueología Sagrada" e "Los foros en Galicia durante la Edad Media".

 Obras realizadas

Escribiu numerosas monografías e artigos sobre temas históricos e arqueolóxicos en xornais e revistas da época: Museo Español de Antigüedades, El Arte en España, Semanario Pintoresco Español, La Ilustración Gallega y Asturiana, etc. Ademais, foi autor das seguintes obras: Discurso acerca de la situación del monte Medulio y sus incidencias históricas; Pinturas murales de la catedral de Mondoñedo; La catedral de Mondoñedo. Su historia y descripción, sus pinturas, murales, accesorios, mobiliario, bronces y orfebrería, vestiduras y ropas sagradas; Crónica de la provincia de Lugo; Descripción histórico-artístico-arqueológica de la catedral de Santiago; San Froilán y su siglo en sus mutuas relaciones; La industria primitiva de Galicia; Los códigos de las Iglesias de Galicia en la Edad Media. Estudio histórico-bibliográfico; Colonias griegas en Galicia: su historia y su influjo bajo los aspectos económico y social; La policía balnearia según nuestros fueros municipales. Estudio histórico; Origen de los foros en Galicia; La abolición de los foros; Lugo. La muralla y otras antigüedades; La Arqueología Sagrada en la Exposición de Lugo; La Catedral de Santiago. Breve descripción histórica, con la planta y un diseño iconográfico; etc.

 Outros datos de interese

Foi académico correspondente das Reais Academias Galegas, de Historia, de Belas Artes de San Fernando, de Ciencias de Lisboa, do Colexio Internacional de Ciencias, Artes e Letras de Milán, socio de mérito da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e Cronista da provincia de Lugo desde 1875. Foi galardoado coa medalla de ouro da Exposición Histórica Europea no IV Centenario do Descubrimento de América e coa Gran Cruz de Isabel a Católica.