Julio Camba Andreu


Categoría: Escritor, periodista, humorista
Data de Nacemento: 16 de decembro de 1884 (†28 de febreiro de 1962)
Lugar de Nacemento: Vilanova de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

Ós doce anos emigra a Bos Aires, onde o acolle un amigo do su pai que tiña un bazar. Pouco despois empezou a escribir artigos en periódicos, manifestando ideas anarquistas. Pouco despois regresa a España. En 1902 trasládase a Madrid e traballa como caixista nun periódico. Posteriormente, comeza a colaborar en periódicos como El País, Nueva España, Los Lunes del Imparcial, ABC..., tendo que viaxar a países como Alemania, Estados Unidos, Portugal, Turquía, Grecia...

 Obras realizadas

A súa obra publicada é unha recopilación dos seus artigos periodísticos. Destacan sobre todo os titulados Playas, ciudades y montañas (1916), Alemania (1916), Un año en el otro mundo (1917), La rana viajera (1920), Aventuras de una peseta (1923), Sobre casi todo (1928), Sobre casi nada (1929), La ciudad automática (1932), Haciendo de República (1934), Esto, lo otro y lo de más allá (1945), Etc., etc. (1945), Millones al horno (1960) e Países, gentes y cosas (1964). Destaca tamén unha narración breve titulada El destierro, publicada en 1907.