Luis Soto Fernández


Categoría: Político e xornalista
Data de Nacemento: 23 de decembro de 1902 (†11 de novembro de 1982)
Lugar de Nacemento: Podentes - A Bola (Ourense)
 Currículum

Tras estudia-lo Bacharelato en Celanova, emigrou a Arxentina. Ó seu regreso fíxose mestre, pero antes de exercer tivo que ir á guerra de Marrocos, onde permaneceu tres anos. Ó iniciarse a Guerra Civil conseguiu esconderse, pasando pouco despois a Portugal e Francia. A partir de 1938 viaxou por Cuba e os Estados Unidos e instalouse en México, onde fundou a Alianza Nazonal Galega, que conseguiu agrupar tódalas forzas antifascistas galegas. En 1958 viaxou a Portugal, onde deu unha conferencia en galego e en 1960 autorizóuselle a entrada en España. En 1966 foi expulsado de novo do país e non puido regresar ata a desaparición do réxime de Franco.

 Obras realizadas

A súa actividade xornalística iniciouse cando tiña dezasete anos e publicou en Arxentina El Eco, de tendencia socialista. Durante a súa estancia en África colaborou nalgunha ocasión en La Voz de Tetuán. En Galicia colaborou cos xornais El Soviet, Ateo e Escuela del Trabajo e en México colaborou en España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información, Saudade e foi o principal animador da revista "Vieiros", creada xunto con Carlos Velo, Arturo Souto e Delgado Gurriarán.