Luis Tosar


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 13 de outubro de 1971
Lugar de Nacemento: Xustás, Cospeito (Lugo)

Web oficial de Luís Tosar
 Currículum

Comeza no campo do teatro e da curtametraxe para logo ser coñecido pola súa presenza na serie de Televisión de Galicia "Mareas Vivas", serie que o lanzou á fama en Galicia. En febreiro de 2003 foi elixido Galego do Mes por El Correo Gallego.

Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da "Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España" en 2004 por "Te doy mis ojos" e Mellor Actor de Reparto en 2003 por "Los lunes al sol". Na edición de 2009 repite premio ó Mellor Actor pola súa interpretación en "Celda 211". 

Traballou con prestixiosos directores españois como José Luis Borau, Manuel Gutiérrez Aragón, Joaquín Oristrell, Iciar Bollain, Fernando León de Aranoa ou Daniel Monzón.

No campo internacional traballou con directores como Michael Mann en "Miami Vice" (2006), con Jim Jarmusch en "Limits of Control" (2009) e con Bernad Rose en "Mr. Nice" (pendente de estrea).

O pasado verán acabou de rodar ás ordes de Jaume Balagueró a película "Mientras Duermes", actualmente en postproducción, pendente de data de estrea.

En 2011 é o protagonista de "A ópera dos tres reás", a nova produción propia do CDG, dirixida por Quico Cadaval e baseada nun dos textos dramáticos máis célebres de Bertold Brecht, convertido en espectáculo de cabaret polo compositor Kurt Weill.

En 2012 estrenóu Operación E, do director Miguel Courtois, película que protagoniza e produce, pola que recibiu o premio ó mellor actor no Festival de Cine Biarritz Ameriqué Latine e o Premio Mestre Mateo ó Mellor actor, así como varias nominacións a diferentes premios como mellor actor; e a película "Una Pistola En Cada Mano", do director Cesc Gay, pola que gañaron o premio ex eaquo todo o reparto no Festival de Cine de Miami e que segue obtendo numerosos premios e éxitos.

En Abril de 2013 estrenouse como director, codirixindo o documental "Cambia De Papel", xunto con María Reimóndez e Kutti Revathi, proxecto que surxiu a partir da súa colaboración coa ONG galega "Implicadas No Desenvolvemento".

En 2013 rodou tres películas: 'El Niño', que dirixe Daniel Monzón e produce Telecinco Cinema, Iriku Films e Vaca Films, 'A Cambio de Nada', dirixida por Daniel Guzmán, e 'Murieron por Encima de sus Posibilidades', dirixida por Isaki Lacuesta.

En 2014 estrenou a película "A Night In Old Mexico", coproducción norteamericana e española, que dirixe Emilio Aragón e protagoniza Robert Duvall.

 Obras realizadas

Cine:

2014. “Murieron por encima de sus posibilidades”. Longametraxe. Isaki Lacuesta.

2014. “A Cambio de Nada”. Longametraxe. Daniel Guzmán.

2014. "El niño". Longametraxe. Daniel Monzón

2014. Una noche en el viejo Méjico. Longametraxe. Emilio Aragón.

2012. "Los Fenómenos". Longametraxe. Alfonso Zarauza.

2012. "Qué Pena Tu Familia". Longametraxe. Nicolás López.

2012. "Una pistola en cada mano". Longametraxe. Cesc Gay.

2012. "Operación E". Longametraxe. Miguel Courtois.

2011. “Mientras Duermes”. Longametraxe. Jaume Balaguero.

2011. “También la lluvia”. Longametraxe. Iciar Bollain.

2010. “18 Comidas”. Longametraxe. Jorge Coira.

2010. “Flatmate”. Longametraxe. Jaume Balaguero.

2010. “Lope”. Longametraxe. Andrucha Waddington.

2010. “Mr Nice”. Longametraxe. Bernard Rose.

2010. “O Apóstolo”. Longametraxe. Fernando Cortizo.

2009. “Celda 211”. Longametraxe. Daniel Monzón. Goya Mellor Actor Protagonista.

2009. “The Limits Of Control”. Longametraxe. Jim Jarmusch.

2008. “Afranio”. Documental. Víctor Coyote.

2008. “La Noche que Dejó de Llover”. Longametraxe. Alfonso Zarauza.

2007. “Hotel Tívoli”. De Antón Reixa.

2007. “Casual Day”. Longametraxe. Max Lemcke.

2006. “Miami Vice”. Longametraxe. Michael Mann.

2006. “Las Vidas de Celia”. De Antonio Chavarrías.

2006. “Cargo”. De Clive Gordon.

2005. “La Noche del Hermano”. De Santiago García de Leániz.

2004. “Inconscientes”. De Joaquín Oristrell.

2004. "La vida que te espera" de Manolo Gutiérrez Aragón. Nominado Mellor Actor Europeo 2004.

2003. “Te doy Mis Ojos” de Iciar Bollain. Goya Mellor Actor Protagonista. Cuncha de Prata Mellor Actor Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

2003. "La Flaqueza del bolchevique” de Manuel Martín Cuenca.

2003. “El Lápiz del Carpintero” de Antón Reixa.

2002. “Trece Campanadas” de Xavier Villaverde.

2002. “Los Lunes al Sol” de Fernando León. Goya Mellor Actor Secundario.

2001. “Visionarios” de Manuel Gutiérrez Aragón.

2001. “Sin Noticias de Dios” de Agustín Díaz Yanes.

2000. “Leo” de José Luis Borau.

2000. “El corazón del guerrero” de Daniel Monzón.

2000. “Besos para todos” de Jaime Chávarri.

2000. “Sé quién eres” de Patricia Ferreira.

1999. “Flores de otro Mundo” de Iciar Bollain. Nominado Goya Mellor Actor Revelación.

1999. “Celos” de Vicente Aranda.

 

Televisión:

1998. “Mareas Vivas” TVG, de Antón Reixa.

1998. “Xabaxira del Xabarín Club” TVG, de Antón Reixa.

1997. “Café con Leche”. Antena 3, de José Frade.

 

Teatro:

2011. “A Ópera de Tres Reás”, de Bertold Brecht, dirixido por Quico Cadaval.

2006. “Hamlet” Dirixido por Lino Braxe.

2005. “El Zoo de Cristal” Dirixido por Agustín Alezzo.

2001. “La Cena de los Idiotas” Dirixido por Paco Mir.

1996. “Escuela de Bufones” Dirixido por Quico Cadaval, Cándido Pazó e Fabio Mangolini.

1996. “Magical Brothers” compañía de cabaret.

1995. “Squash” da compañía Marías.

 

Música:

2011. Di Elas.

2009. The Ellas.

2007. B.S.O. Mataharis.

2006. "Un rayo de luz". Colaboración.

2005. "Y todo es Vanidad". Colaboración.

 Outros datos de interese

Premios:

2013. Premio Mestre Mateo 2012 da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “Operación E” (2012).

2013. Premio ex aequo á Mellor Interpretación Dramática, a todo o reparto, do Festival de Cine de Miami por “Una Pistola En Cada Mano” (2012).

2013. Nominado ó Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor por “Operación E".

2013. Nominado ó Premio da Unión de Actores ó Mellor Protagonista de Cine (Categoría Masculina) por “Operación E” (2012).

2012. Premio Festival Biarritz Ameriqué Latine, á Mellor Interpretación Masculina por “Operación E” (2011).

2012. Premio Gaudí de l'Acadèmia del Cinema Català, como Mellor Protagonista Masculino por “Mientras Duermes” (2011).

2012. Nominado ó Premio Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España ó Mellor Actor Principal por “Mientras Duermes” (2011).

2012. Nominado ó Premio Cinematográfico Jose María Forqué, Instituido por EGEDA como Mellor Actor por “Mientras Duermes” (2011).

2012. Nominado ó Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor por “Mientras Duermes” (2011).

2012. Nominado ó Premio Fotogramas de Prata ó Mellor Actor de Cine por “Mientras Duermes” (2011).

2011. Premio Málaga Sur pola súa traxectoria profesional. Festival de Cine de Málaga.

2011. Premio de Honor Fernando Rey, Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

2011. Nominado ó Premio Goya ó Mellor Actor Principal por “También la Lluvia”.

2011. Nominado ó Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor por “También la Lluvia”.

2011. Premio Cinematográfico Jose María Forqué, Instituído por EGEDA como Mellor Actor por “También la Lluvia” (2010).

2010. Nominado Premios Europeos pola European Film Academy ó Melllor Actor Principal por “Celda 211” (2009).

2010. Ganador do Premio Golden Space Leedle do Festival Internacional de Cine de Seattle como Mellor Actor por “Celda 211” (2009).

2010. Premio Goya ó Mellor Actor Principal por “Celda 211” (2009).

2010. Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor por “Celda 211”.

2010. Premio ACE (Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nova York) como Mellor Actor por “Celda 211” (2009).

2010. Premio Cinematográfico Jose María Forqué, Instituido por EGEDA como Mellor Actor por “Celda 211” (2009).

2010. Premio Fotogramas de Prata ó Mellor Actor de Cine por “Celda 211” (2009).

2010. Premio da Unión de Actores ó Mellor Protagonista de Cine (Categoría Masculina) por “Celda 211” (2009).

2010. Nominado ó Premio Mestre Mateo 2009 da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “Celda 211” (2009).

2007. Premios Mestre Mateo 2006 da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “Cargo” (2006).

2005. XLV Festival de Cine de Cartagena de Indias (Colombia). Premio ó Mellor Actor por “Te doy mis ojos”.

2005. Nominado ós Premios Europeos de Cine como Mellor Actor por “La Vida que te Espera” (2004).

2004. Premio Turia ó Mellor Actor por “Te doy mis ojos” (2003).

2004. Premio Goya ó Mellor Actor Principal por “Te doy mis ojos” (2003).

2003. Premio Goya ó Mellor Actor de Reparto por “Los Lunes al Sol” (2002).

2004. Premio Fotogramas de Prata ó Mellor Actor de Cine por “Te doy mis ojos” (2003).

2004. Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor por “Te doy mis ojos” e por “La Flaqueza del Bolchevique”.

2004. Premio ó Mellor Actor do Festival de Cine Mar del Plata por “El Lápiz del Carpintero” (2003).

2004. Premio ó Mellor Actor do Festival de Cine de Miami por “La Flaqueza del Bolchevique” (2003).

2004. Nominado ó Premio ACE como Mellor Actor de Reparto por “Los Lunes al Sol” (2002).

2003. Ganador da Cunca de Prata ó Mellor Actor do Festival de Cine de San Sebastián por “Te doy mis ojos” (2003).

2003. Premio San Jordi ó Mellor Actor Español por “Los Lunes al Sol” (2002).

2004. Ganador do Premio Golden Space Leedle do Festival Internacional de Cine de Seattle como Mejor Actor por “Te doy mis ojos” (2003).

2004. Premio da Unión de Actores ó Mellor Protagonista de Cine (Categoría Masculina) por “Te doy mis ojos” (2003).

2004. Ganador do Cisne de Ouro ó Mellor Actor do Festival Internacional de Cine de Copenhague por “Te doy mis ojos” (2003).

2003. Premio da Unión de Actores ó Mellor Secundario de Cine (Categoría Masculina) por “Los Lunes al Sol” (2002).

2003. Premio Círculo de Escritores Cinematográficos ó Mellor Actor Secundario por “Los Lunes al Sol” (2002).

2000. Nominado ó Premio Círculo de Escritores Cinematográficos como Mellor Actor Secundario por “Flores de otro mundo” (1999).

2000. Nominado ós Premios Goya como Mellor Actor Revelación por “Flores de Otro Mundo” (1999).