Manuel Espiña Gamallo


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 25 de xullo de 1933 (†28 de febreiro de 2010)
Lugar de Nacemento: Folgoso – Cerdedo (Pontevedra)
 Currículum

Despois de realiza-los seus estudios primarios en Folgoso e Presqueiras cun profesor particular, ingresa en 1945 no Seminario de San Martín Pinario de Santiago. En 1951, na Universidade de Comillas (Santander), fai un curso de Humanidades e as licenciaturas en Filosofía e Teoloxía. En marzo de 1959 é ordenado sacerdote en Comillas polo Nuncio. O seu primeiro destino é como vicario parroquial en Santa María de Azongue (Betanzos, 1959 a 1962) e o seu segundo nomeamento foi en 1962 como director espiritual do Seminario Menor de Belvís en Santiago, onde consegue que acaben os castigos por falar galego. En 1965 consegue por oposición unha coenxía na Real Colexiata da Coruña e comeza a dar clases de Latín, Grego e Francés no Seminario–Fogar de Santa Margarita da Coruña e de Relixión na Escola de Maxisterio. De 1966 a 1999 deu clases de Teoloxía Católica e a súa Pedagoxía e Didáctica, así como Historia das Relixións na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña.

 Obras realizadas

Colabora na primeira traducción completa dos Evanxeos ó galego coa edición do libro A Palabra de Deus e en 1966 colabora na primeira misa fixa en galego nas Capuchinas e no primeiro misal galego co seu compañeiro Morente, polo que en 1968 reciben o primeiro Pedrón de Ouro. En 1971 realiza o libro Consellos cos seus alumnos de Maxisterio. Nos años 1978 e 1981 foi invitado a presidi-las Xornadas Patrióticas Galegas en Arxentina e Uruguai. O 4 de xaneiro de 1970 inicia a sección “Outeiro de San Xusto” no xornal La Voz de Galicia. En 1969 funda a Asociación Cultural de Profesores e sacan o libro Picariños e a cooperativa de libros CODELI. En 2005 publicou o libro "Tierra Santa", Diario dunha peregrinación a Terra Santa e dun curso bíblico en Jerusalem.

 Outros datos de interese

Actualmente está xubilado de profesor. Preside desde 1978 o Padroado da “Fundación Labaca” e a “Irmandade Médica Paulino”. É vocal da Irmandade Moncho Valcarce, secretario da cooperativa CODELI e asesor de relixión da Comunidade C. do Home Novo (fundada en 1973). Sempre deu as clases en galego, a súa maior satisfacción.