Maria Ángeles Bañobre González


Pseudónimo:Marián Bañobre
Categoría: Actriz
Data de Nacemento: 23 de agosto de 1978
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2001). Diplomada pola escola actoral "Casahamlet" da Coruña (2001), dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández e realizou un curso de posgrao especializándose en arte dramática na Universidade de Santiago de Compostela (2003-2004).
Ademais, completou a súa formación cos seguintes cursos:
-2006: "Curso de perfeccionamento de dobraxe” impartido por Luis Iglesias contemplado dentro do Plan de Formación Actoral do Consorcio de Audiovisual de Galicia, e “Curso de clown”, impartido por Pierre Byland dentro do festival Manicomicos 2006 (A Coruña).
- 2005: “Curso de dobraxe”, impartido por Luis Iglesias contemplado dentro do Plan de Formación Actoral do Consorcio de Audiovisual de Galicia; “Workshop for clowns” impartido por Tom Greder no Festiclown 2005 (Santiago) e Curso de “Danza contemporánea” impartido por Olga Cameselle “Lez” na escola A Artística (Vigo).
-2004: ‘Commedia dell’Arte’, impartido por Claudia Contín e Ferruccio, no Festiclown (Compostela), ‘Clown’, impartido por Jonh Wright, no Festiclown e ‘O Actor e a Camara’, impartido por Sandra Montes, Escola Santart (Compostela).
-2003-2004: Posgrao en Arte Dramática: "Teoría e práctica da Interpretación". Universidade de Santiago de Compostela. Dirixido por Anxo Abuín.
-2003: ‘O actor e a actriz como eixo fundamental do teatro’, impartido por Berta Ojea, no marco do Festival Internacional de Teatro Cómico de Cangas, ‘V Encuentros en el norte- Infesto. La acción necesaria’, impartido por Etelvino Vázquez e Teatro del Norte e ‘Clown’, impartido por Theatre Organic, no marco do Festival Internacional de Paiasas de Andorra.
-2002: ‘Commedia Dell’Arte’, impartido por Antonio Fava, ‘A Voz en Acción’, impartido por Vicente Fuentes e ‘Técnicas de clown e de commedia dell’Arte’, impartido por Carlo Colombaioni.
-2001: ‘Bufón’, impartido por Eric de Bont, ‘Acciones Físicas’, impartido por Isabel Ubeda (Odin Teatre), ‘Malabares: técnicas, matemáticas...’, impartido por Malabaranda, ‘Na Búsqueda da identidade cómica’, impartido por Leo Bassi, ‘Clown para profesionales’, impartido por Eric de Bont, ‘Teatro de Rúa’, impartido por Joan Serrat, ‘Esgrima para actores’, impartido por Carlos Vizcaíno (Casahamlet), ‘Commedia dell’Arte’, impartido por Theodor Smeu (Casahamlet) e ‘Perfeccionamiento de clown’, impartido por Pablo Muñoz e Jons Pappila.
-2000: ‘Máscara Neutra’, impartido por Mar Navarro e Andrés Hernández, ‘Iniciación ó Clown’, impartido por Pablo Muñoz e Jons Papila e ‘Danza e Expresión Corporal’, impartido por Mita Adriana Beutel.
-1999: ‘Improvisación’, impartido por Theodor Smeu.
-1998: ‘Interpretación e Verso Clásico’, impartido por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández y ‘Teatro en Verso’, impartido por Cándido Pazó.
-1996: ‘Interpretación e Expresión Corporal’, impartido por Manuel Vieites.
-1995: Curso de Expresión Corporal, impartido por Chedes Suárez.
-1994-95: Curso de ‘Interpretación’, impartido por Andrés Pazos.

Experiencia docente: Mestra de Teatro na Escola de Formación Social de Vigo, dentro do curso de monitores socioculturales do INEM (2005).
Mestra de Clown na escola de teatro Santart, de Santiago de Compostela. (Cursos intensivos dende o 2003).
Monitora de Clown no programa de Noites Abertas do Concello de Pontevedra (Dende 2004).
Cursos de expresión corporal organizados pola asociación INZAR de Pontevedra (2005-06).

 Obras realizadas

TEATRO: Colaborou nas seguintes compañías e espectáculos:
- 2007: 'A piragua', escrito e dirixido por Candido Pazó. Centro Dramático Galego.
'Fora de Xogo', escrito e dirixido por Maxi Rodriguez. Compañía Nove Dous.
- 2006: 'Misericordia' de Benito Pérez Galdós. Dirección: Etelvino Vázquez. Compañía: Teatro de Ningures.
- 2005: Co 'Teatro do Morcego' e baixo a dirección de Celso Parada fixo 'A Farsa do Bululú' de Manuel María, e 'O Circo enmeigado' de Rafael Dieste. E co Teatro de Ningures 'O Tartufo' de Moliere, baixo a dirección de Etelvino Vázquez.
-2004: Espectáculo de clown ‘Où va la lumière quand il fait noir?’ con Theatre Organic (Francia), escrito e dirixido por Sophie Gazel, e o espectáculo 'Momo' de Michael Ende con Teatro do Morcego e baixo a dirección de Celso Parada.
-2003: ‘Os vellos non deben de namorarse’ de Castelao e ‘A Gran Ilusión’ de Eduardo de Filippo con Teatro do Morcego, dirixidos por Celso Parada.
-2002: ‘O Principiño’ de Antoine de Saint- Exupéry con 'Ningures Produccións', dirixido por Salvador del Río; ‘Tanis I O Mocos’ de Manuel Lourenzo González con 'Produccións Desaqueloutradas', dirixido por Angel Monteagudo e ‘Manicomio só para clowns' con 'Os Sete Magníficos máis un', dirixido por Carlo Colombaioni.
-2001: Espectáculos de clown ‘Cousas de mulleres’ e ‘Ula-praia’ con 'Os Sete Magníficos máis un', dirixidos por Good Idea Company e Iván Prado respectivamente e ‘As cincentas desclowntroladas’ con 'Dous son Compañía', dirixido por Good Idea Company.
-2000: ‘A Orestiada’ de Esquilo e ‘A Doncela Guerreira’ de Rafael Dieste con Casahamlet, dirixidos por Theodor Smeu Stermin e Manuel Lourenzo respectivamente e as lecturas dramáticas ‘A Noite vai coma un río’, de Álvaro Cunqueiro e a ‘A Pousadeira’, de Carlo Goldoni.
-1999-2000: Espectáculo 'A Doncela Guerreira', de Rafael Dieste con Casahamlet, baixo a dirección de Manuel Lourenzo.

AUDIOVISUAL: Polo que respecta á súa experiencia como actriz en audiovisual, realizou un anuncio de supermercados Froiz (2000) e un vídeo publicitario sobre enerxías renovables con 'Adivina Producciones' (2000), participou nalgún episodio da serie ‘Nada es para siempre’ (voz audiovisual, 1999) e na curtametraxe ‘Clara e Mario’ con alumnos do curso de audiovisual de extensión universitaria de Pontevedra (2004).
Fixo un papel protagonista na curtametraxe '1,2,3... Acción' con alumnos de comunicación audiovisual da Facultade de CC.SS. de Pontevedra (2005), e un papel secundario na curtametraxe 'Premio' dirixido por Eva Quintás (2006).

 Outros datos de interese

Obtivo un premio como Mellor actriz secundaria polo espectáculo “Tartufo” da compañía Teatro de Ningures, nos X Premios de teatro de Galicia María Casares, que se celebraron en marzo do 2006.