María Blanco Fafián


Categoría: Actriz
Data de Nacemento: 3 de setembro de 1978
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciada en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela 1997–2002), realizou un curso de postgrao en Estudos Teatrais e Audiovisuais (Universidade da Coruña 2002-2004), un curso de Cinematografía impartido por Rivadulla “Corcón” (2000-2001), seminarios de Ortofonía e dicción, Teoría da interpretación moderna, Dirección Artística, “La Edad del Cine” e cursos de Interpretación, de esgrima e de claqué.

 Obras realizadas

Filmografía:

2016. Bombay Goa Express (Juan Estelrich Revesz).

2011. Sinbad (Antón Dobao) interpretando a Felisa.

2011. Os Pioghosos, de Carlos Quirós interpretando a Bruxa.

2010. No habrá paz para los malvados (Enrique Urbizu) interpretando a unha funcionaria xudicial.

2008. Campás, de Jairo Iglesias, no papel de Luisa.

2008. A Casa da Luz, de Carlos Amil, no papel de Aurora.

2008. Bloody Mary, de Aranzazu Iglesias, no papel de psicóloga.

2007. Rafael, de Xavier Bermúdez, no papel dunha muller en camilla.

2007. El Tesoro, de Manuel Martín Cuenca, no papel de Maruxiña.

2006. Luar (Manolo Abad e Xosé Ramón Gayoso) no papel de María Soliña.

2006. Fogar, doce fogar, de Emilia Martínez,  no papel de Teresa.

2005. Mía Sarah, de Gustavo Ron, no papel de Ana.

2005. The Torturer, de Lamberto Bava, no papel de Sehare.

2005. Los Mánagers, de Fernando Guillén-Cuervo, no papel de Clara.

2005. Adivina quién soy, de Enrique Urbizu, no papel dunha enfermeira.

2003-2004. Galicia no cine /Luar (Manolo Abad e Xosé Ramón Gayoso) presentadora sección en directo.

2003. Vacíos, de Irene Bendaña, Mar.

2002. Autopsia (Milagros Bará), no papel dunha xuiza de guardia.

2001. Pequeno hotel (Manolo Abad), no papel dun cliente de hotel.