Marta Pérez


Categoría: Actriz
Data de Nacemento: En 1979
Lugar de Nacemento: A Cañiza
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou tamén Interpretación na Escola de Teatro Santart de Santiago de Compostela (2005-2007).
Dentro do Plan de Formación Permanente 2008 das Artes Escénicas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, realizou os seguintes cursos: “O corpo creativo, do laboratorio á escena”, impartido por Andreu Raich e Elisenda Renom. ESAD Galicia; “Introducing the viewpoints”, impartido por Abraham Celaya (técnica creada por Anne Bogart). ESAD Galicia; “Interpretar ante a cámara”, impartido por Héctor Carré. ESAD Galicia e “Crónicas dunha creación escénica contemporánea”, impartido por Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle (A Factoría Teatro). ESAD Galicia.
Outros cursos e obradoiros:
-2007: “Obradoiro de Interpretación diante da Cámara”, impartido por Gracia Querejeta. Consorcio Audiovisual de Galicia e Aisge; “Taller de Creación Dramática Contemporánea” con Cándido Pazó, Paco Zarzoso e Abel Neves. Centro Dramático Galego e “Curso de Bufón”, impartido por Mónica Sueiro. A Artística (Vigo).
-2006: “Dobraxe”, impartido por Xoán Diéguez. CTV (Santiago de Compostela); “Curso de Voz” con Marta Pinillos. Consorcio Audiovisual de Galicia e Aisge; “Técnica Vocal - Voice Craft”, impartido por Hellen Rowson e “A arte do mimo segundo Marcel Marceau e outras formas do teatro xestual”, impartido por Blanca del Barrio.
-2005-2006: “Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de Dobraxe”, impartido por Luis Iglesia, para o Consorcio Audiovisual de Galicia e Aisge; “Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de Clown” con Marián Bañobre. Escola de Teatro Santart e “Entrenamento corporal e Biomecánica de Meyerhold” impartido por Carlos Álvarez-Ossorio. Escola de Teatro Santart.
-2005: “Técnicas de Mimo”, impartido por Fredi Muíños e “En busca da nosa identidade cómica”, impartido por Leo Bassi.
-2004: “Expresión vocal no teatro grego”, con Micklos Bacs. Escola de Teatro Santart; “Teatro físico”, impartido por Iván Marcos. Escola de Teatro Santart e “Iniciación á arte do actor” con Theodor Smeu Stermin. Escola de Teatro Santart.
-2003-2004: “Danza Contemporánea”, impartida por Carmela Bueno (Disque Danza). Escola de Teatro Espacio Aberto (Santiago de Compostela) e “Voz” con Cristina Domínguez na Escola Espacio Aberto.
-2003: “Dobraxe”, impartido por Antón Rubal. Estudios Sodinor (Vigo).
-2002-2003: “Interpretación” con Carlos Neira. Escola de Teatro Espacio Aberto.
-2002: “Expresión corporal para actores” con Isabel de Sanmartín.
-2001-2003: Clases regulares de interpretación na Aula de Teatro Municipal da Cañiza con Roberto Cordovani.
-2000-2001: Clases regulares de interpretación na Aula de Teatro Municipal da Cañiza con Miro Magariños.
-1999-2000: Clases regulares de interpretación na Aula de Teatro Municipal da Cañiza con Alejandra Juno.

 Obras realizadas

Fundadora, co-propietaria e produtora da Compañía de Teatro Arela das Artes desde 2002 ata 2007 (inclusive).
TEATRO
Traballos como actriz:
 
-2008: “Brand” de Henrik Ibsen, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio. Cámara Negra Teatro.
-2007: “Ifixenia en Aúlide” de Eurípides, dirixida por Charo Amador. Arela das Artes; “Gala Evento R”, con guión de Carlos Portela e  dirixida por Quico Cadaval; “Discurso do método exclusivo de Lola Correa”, dirixido por Lola Correa. Noescafé Teatro (no marco do Festival Nacional Alternativo de Teatro e Danza de Vigo- ALT´07) e “Arela miúda en: O recuncho de Anabel de Charo Pita”, dirixida por Charo Pita. Arela das Artes.
-2006: “As que matan o sono”, a partir de Macbeth de Shakespeare, de Carlos Álvarez-Ossorio, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio. Arela das Artes.
-2005: “Peregrinos na noite (Naumons)”, dirixida por Carlos Padrisa. Fura dels baus; “Contacontos Pirata” para Troula Animación e “Hai que desfacer a casa de Sebastián Junyent”, dirixida por Diana Mera. Arela das Artes.
-2004: “O efecto dos raios gamma nas margaridas do campo” de Paul Zindel, dirixida por Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno. Co-producción Arte Livre e Arela das Artes.
-2003: “Infamia de Lliliam Hellman”, dirixida por Roberto Cordovani. Arela das Artes.
-2002: “Ubú no Outeiro”, versión de Ubú de Alfred Jarry, dirixida por Miro Magariños. Compañía Lingoretas.
-2000: “Historias peregrinas” de Miguel Anxo Murado, dirixida por Alejandra Juno. Raigame Teatro.
Traballos como directora:
 
-2006: “Clown R”  de creación colectiva, dirección artística de Marta Pérez. Rx4.
-2005: “Rx4”, creación e dirección de Marta Pérez. Rx4.
-2003: “O rei que nada lle gustaba”, creación e dirección de Diana Mera e Marta Pérez. Arela das Artes.
AUDIOVISUAL
Traballos como actriz:
 
-2007: “Contrafilmes I”, (curtametraxe) de Susana Rey e “Rafael” (longametraxe) de Xavier Bermúdez. Reparto. Xamalú Producciones.
-2006: “O clube dos sem teito” (documental) de Claudia Brenlla. Locución. Productora Laturma Docus e “Novembro” (serial radiofónico) Radio Galega. Proxecto Edición.
-2005: “En Teoría” (curtametraxe) de Lidia Fraga. Adivina Producciones.
-2003-2005: “Dobraxe”. Estudios Sodinor.
-2002: “Celos” (curtametraxe) de Ana Riveiro. Escola de Imaxe e Son da Coruña.
-Actualmente traballa como actriz contratada para a asignatura “Prácticas de Dirección de Actores II” na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, como secretaria de produción para Contrafilmes II dirixida por Susana Rey (proxecto que conta coa subvención para a produción de curtametraxes 2008) e realiza locucións varias para o Concello de Pontevedra e Artefacto Producciones.

 

 Outros datos de interese

-Impartiu Cursos de Iniciación e Perfeccionamento á Práctica Teatral a profesores de secundaria, homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
-Impartiu sesións de expresión oral e corporal na Facultade de Filosofía da U.S.C. na materia “Retórica e teoría da argumentación”. Supervisión: D. José Miguel Sagüillo (Catedrático da área de Lóxica da Facultade de Filosofía da U.S.C.).
-Realiza prácticas para a biblioteca pública da Cañiza a través da U.S.C.
-Experiencia en animación e obradoiros para nenos.