Melchor de Velasco Agüero


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: Falecido o 4 de setembro de 1669)
Lugar de Nacemento: Rivamontán (Santander)
 Currículum

Chegou a Galicia en 1658 para realiza-la ampliación do convento de San Paio cara a Vía Sacra, en concreto, a construcción do claustro, celas e a portería. En Ourense realizou a súa obra máis importante, a igrexa do mosteiro de Celanova. En 1653 rematárase a fachada e en 1661, derrubado o interior medieval, foi contratado para reconstruílo. En 1667 restaurou a ponte da cidade de Ourense. De novo en Santiago, realizou unha serie de obras que marcan o inicio da súa etapa de maior actividade artística. En 1662, o Concello de Santiago encargoulle os planos para un cárcere público e en 1664 construíu no convento de Belvís parte da á do mediodía que dá á horta. Ese mesmo ano foi contratado para edifica-la igrexa do Colexio de Nosa Señora dos Remedios. A súa fama deu lugar a que os monxes de San Martín Pinario o nomearan mestre de obras, intervindo na ampliación do convento. En 1668 reparou a bóveda da capela do Hospital Real de Santiago e foi chamado a recoñece-la igrexa do convento de Recoletas Agustinas de Lugo, construído por Antonio Rodríguez Maseda.