Miguel Ángel Blanco


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 29 de setembro de 1973
Lugar de Nacemento: Cangas de Morrazo (Pontevedra)
 Currículum

Realizou cursos de interpretación para teatro e cine en Metrópolis de Madrid (1999/2002), un curso de interpretación, impartido por Iñaki Aierra (2001/2002) e un curso de técnica vocal con María Lalanne e Concha Doñaque (2001).

 Obras realizadas

 

2014: Actor na serie da TVG 'Serramoura'. (Diego Bazán) Protagonista.

2014: Telecinco, 'La que se avecina', (Iván el terrible) Reparto.

2011: Telecinco, 'Ángel o Demonio', (Rubén Sierra) Secundario.

2010: Antena 3 e Telemundo, 'La Reina del Sur', (Siso Pernas) Secundario.

2010: Canal Sur, 'Arrayán (serie de televisión)', (Julián) Protagonista.

2010: Antena 3, 'Los Hombres de Paco', (TEDAX) Episódico.

2009: Actor na serie da TVG 'Os Matalobos', (Sarxento Rafael Ferreira) Secundario 2ª Tempada.

2003: Actor secundario na longametraxe 'León y Olvido', de Xavier Bermúdez (Xamalu filmes, en proceso de montaxe), actor de reparto na serie de TV de Galicia 'Rías Baixas' (10 episodios) e membro do grupo músico-narrativo ENDOR LINDË. Espectáculo: El día del anillo (baseado en relatos e cancións de Tolkien).

2001/2003: Actor en diversas montaxes teatrais: La supermega odisea de Ulises (Lakalaka Teatro), El alma buena de Sezuán, de B. Brecht (dirixida por José Luis Santar), Los Chiquipanda (Casa de Vacas e Teatro Alcalá de Madrid).

2002: Actor en La Máscara (Parque Warner).

2000/2002: Actor en diversos curtos e mediametraxes: Tiempo muerto (Prod. Guillermo Fernández), 57 escalones, de Juan Araújo, Algo pasa, de M. Blanco, Alcohol, drogas y teletubbies, de Eusebio Fernández...

2001: Intervención nun capítulo da serie Policías e coprotagonista da longametraxe 906, de Esperanza Montero.

 

 Outros datos de interese

Fala galego, inglés e portugués. Ten, ademais, nocións de música, facilidade para a danza, percusión e canto.