Miguel Ferro Caaveiro


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: aproximadamente en 1740 (†1 de xullo de 1807)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Fillo do tamén arquitecto Lucas Ferro Caaveiro, residiu case toda a súa vida na súa cidade natal. Á morte do seu pai pasa a se-lo mestre de obras da catedral. Desde 1774 a 1779 dirixe as obras hidráulicas do porto da Coruña. En 1780 un Real Auto nomeaba a Miguel Ferro Caaveiro arquitecto director das obras da cidade de Santiago e ningunha obra podía levarse a cabo se non era coa súa aprobación. Isto levouno a un enfrontamento co tamén arquitecto Melchor de Prado.

 Obras realizadas

Foron numerosísimos os proxectos levados a cabo por Miguel Ferro Caaveiro e as obras que lle foron encomendadas en diferentes pobos e cidade de Galicia. Polo que respecta a obras de carácter relixioso atribúense a Ferro Caaveiro a Capela da Comuñón na catedral, a Capela das Ánimas e o templo parroquial de Santa María do Camiño. Outras obras menores son a Capela dos Dolores, na Igrexa de San Miguel e a Capela dos Milagres na Igrexa de Santa María Salomé. Polo que se refire á arquitectura civil, realizou construccións enmarcadas por pilastras de orde toscana, edificacións nas que as pilastras se substitúen por resaltes ou se suprimen e vivendas, nas que o primeiro corpo presenta almofadado. Miguel Ferro Caaveiro escribiu, ademais, a obra titulada Divertimento de xeometría mixta.