Roberto Leal Jiménez


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 22 de setembro de 1956
Lugar de Nacemento: Bos Aires (Arxentina)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Comezou os seus estudios teatrais en Arxentina en 1976 no Centro de Formación Actoral. En 1978 fixo un curso de Capacitación Teatral e Expresión Corporal (Bos Aires) e en 1981 diplomouse en Formación Actoral e Dirección Teatral pola Universidade Nacional do Centro (Bos Aires). Ó ano seguinte, realizou un seminario sobre Dinámica de Grupos no Ámbito Teatral en Bos Aires e en 1984 fixo un Curso de Dirección Teatral. En Galicia realizou distintos cursos e obradoiros organizados polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e pola Universidade de Santiago. Desde 1985 impartiu multitude de obradoiros e aulas de teatro en colexios, institutos e na Universidade da Coruña. Entre 1997 e 2000 foi director teatral do Departamento Pedagóxico da Fundación Eugenio Granell (Santiago). No ano 2002 foi responsable de docencia da Asociación de actores, directores e técnicos de escena de Galicia e en 2004 levou a cabo un ‘Workshop’ de Improvisación e Movemento en ‘Children´s games according to Bruegel’, Szkola TAK, Opole - Polonia.

 Obras realizadas

Teatro:
1979: Actividade docente e de asesoría en diversos espectáculos de danza contemporánea, Bos Aires (Arxentina).
1985: Director de ‘A cantante calva’ na Compañía Xalgarete (As Pontes).
1987: Actor e rexedor en repertorio de zarzuelas na Compañía Lírica Española (Madrid).
1989: Actor en ‘Eche 20 centavos na ranura’ (Ferrol).
1993: Director de ‘O xardín dos contos’ no Teatro Galileo (Santiago).
1994: Creador, director e actor de ‘Mumbo Jumbo’ (performance para exposición fotográfica de Alfredo Iglesias, Café Bolengo, Santiago).
1996: Actor en ‘Nenerías’ (Teatro Galileo, Santiago) e en ‘Un café con leite e unha ensaimada’ (Matarile Teatro, Santiago).
1997: Actor en ‘Mata-lo tempo’ (Pub As Crechas, Santiago), director de ‘Des-Contos’ (Teatro Minerva. Pub Ultramarinos, Santiago) e creador, actor e director de ‘Collage para un ultramarinos’ (Teatro Minerva. Pub Ultramarinos, Santiago).
1997-2000: Creador, actor e director nos espectáculos de Teatro Minerva realizados para a Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela ‘A Cámara Negra’, ‘Granell feiticeiro’, ‘Frank K’, ‘Entreacto’, ‘Alicia no país de Carballido’, ‘A estela do delirio’, e ‘Todo sen a pasta’.
1998: Director e dramaturgo de ‘Intermezzo’ (Teatro Trebbo, Milán, Italia); actor en ‘Ultranoite Brecht’ (Sala Nasa, Santiago); axudante de dirección na montaxe ’Valle Inclán 98’ (Centro Dramático Galego, Santiago) e actor en ‘Leality Show’ (Pub Ultramarinos, Santiago).
1999: Actor en ‘Ametamenidioz’, performance de Jesús Carballido (Teatro Galán, Santiago) e actor en ‘Ultimamente non durmo nada’ (Teatro da Lúa, Santiago).
2000: Actor en ‘Acción seica nº 4’, performance de Xesús Carballido (Imprenta Litonor, Santiago), actor en ‘Primeiro movemento para figuras brancas’ de Matarile Teatro, dentro da programación de verán especial ‘Millenium Festival’ con motivo da Capitalidade Cultural Europea Compostela 2000 (Praza da Quintana, Santiago); actor en ‘Matar a Sísifo’, lecturas dramatizadas organizadas pola AADEEG (Salonteatro, Santiago); creador, actor e director de ‘Cen contos, ou sexa, un plan incumprido’, de Jiry Suchi (Teatro Minerva, Ourense) e creador, actor e director en ‘Terra firme’, de Markus Werner, no seno das Xornadas de Literatura Suíza da USC, Santiago de Compostela.
2001: Actor en ‘A longa agonía das centolas’ (Teatro da Lúa, Santiago) e actor en ‘Teño moitísimo présa’ (Matarile Teatro, Teatro Galán, Santiago).
2002: Actor e co-director en ‘Palabras, palabras, palabras...’ (Dado-Dadá, Santiago); actor en ‘A brazo partido’ (Teatro Galán, Santiago); voz en ‘Anxélica no ombral do ceo’ (Cia. Monicreques de Kukas, Santiago) e actor en ‘Quen te quere, quen te chama’ (Matarile Teatro) e Danza para paseantes ‘En Pé de Pedra’ (Santiago).
2003: Actor en ‘Acto seguido’ (Matarile Teatro, Teatro Galán, Santiago); en ‘Curto de vista’ (Cia. María a Parva, Teatro Galán, Santiago); creador e director de ‘Jornadas literarias con Andrés Neuman’ e actor en ‘A arte que fixo pub’.
2004: Director de ‘Tornasol’ (Teatro Galán) e actor en ‘Indignos’ (Cía. María a Parva)
Cine e vídeo:
1995: ‘Televapor’, curtametraxe de Ricardo Llovo e Paco Carballés.
1996: ‘Bos modais’, curtametraxe de Teté Rocamonde e Inés Peleteiro e ‘1996’, curtametraxe de Montse Calvo.
1997: ‘O pranto’ de David Santamaría.
1998: ‘Maitines’, curtametraxe de Toño López e ‘A los que aman’, longametraxe de Isabel Coixet.
1999: ‘Sei quen es’, longametraxe de Patricia Ferreira.
2002: Presentador na I Primeira Mostra de curtametraxes de Noia; ‘Dejà vu’ curtametraxe de María Caramés (TVG); ‘ O partido’, curtametraxe de Xosé Moure e ‘Autopsia’, longametraxe de Milagros Bará.
2003: ‘O Camiño:A orixe’ de Jorge Algora e ‘Tres formas diferentes de comerse un tomate’ de Carolina Castro.
Televisión:
Actuou en: ‘A familia Pita’ (TVG, 1998); ‘Pratos Combinados’ (TVG, 1999-2000); ‘Lluvia’, de Isabel Coixet (Canal +, 2000. Tamén é o productor); ‘Galicia Express’ (TVG, 2000, en 3 capítulos); na Gala AGAPI (2000), ‘Fíos’ (TVG, 2002, 17 capítulos) e ‘Rías Baixas’ (TVG, 2004).
Radio:
1985: Actor en ‘25 horas de radio’, Onda Obreira (Ferrol).
1999 / 2000: Actor en ‘La Casa da Tralla’, M-80 Galicia, Cadena Ser.
Autor Teatral:
1980: ‘Fotografías’, texto incluído en ‘Entreacto’, estreada en 1998 na Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
1981: ‘Será por eso que la quiero tanto’, estreada en 1981 no Club Unión e Progreso, Tandil (Arxentina) e ‘Diana’, texto incluído en ‘El show es mi historia’, estreada en 1981 na sala ‘El teatrillo’, Tandil (Arxentina).
1982: ‘Circus’, adaptación estreada en 1982 na sala ‘Norma’, Tandil (Arxentina).
1983: ‘Liberación’, texto incluído en ‘Entreacto’, estreada en 1998 na Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
1985: ‘Mirar fotos en revistas’, texto incluído en ‘Alicia no país de Carballido’, estreada en 1998 na Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.

 Outros datos de interese

En 1979, fundou o grupo teatral ‘Acuario’ e realizou funcións de actor e director (Bos Aires, Arxentina). En 2002 foi membro do xurado do Premio de Teatro Romaría Vikinga, organizado polo Concello de Catoira e a Universidade de Santiago de Compostela.
Participou en moitos congresos con relatorios, publicacións, coloquios e comunicacións por toda Galicia e Asturias.