Santiago Catalán Tobia


Categoría: Arquitecto, debuxante e pintor
Data de Nacemento: En 1954
Lugar de Nacemento: Madrid
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

Web
 Currículum

Estudio profesional en Lugo dende 1980.

A súa actividade profesional estivo dirixida fundamentalmente á obra promovida polas distintas Administracións públicas e compaxinouna sempre coa súa actividade como pintor e debuxante.

Interveu na urbanización de espazos públicos en Lugo (Praza Maior, Sto. Domingo, Praza da Soidade, Costas do Parque e Fingoi) e na provincia (Meira, Lourenzá).

Realizou rehabilitacións de importantes edificios públicos como o Instituto Xoan Montes e o Estadio Anxo Carro en Lugo, as Igrexas románicas de Meira, Santo Esteban de Ribas de Miño, San Esteban de Ribas de Miño e a de Sta. María do Val do Mao, o Pazo de Castrelos en Vigo e a Reforma Integral do Club Fluvial de Lugo.

Entre os seus proxectos de obra nova xa edificados cabe citar A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a Residencia Universitaria Abeiro, o Museo Arqueolóxico de San Roque, os Colexios de Becerreá, Quiroga e Vigo (Dr. Fleming). Proxectos de ámbito deportivo como a Piscina Cuberta de Ás Pedreiras en Lugo ou os Pavillóns de Navia, A Pontenova (Lugo) e Noia (A Coruña).

Como proxectos recentes destaca a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo (2012), Reforma Integral da Facultade de Bioloxía Santiago (2013), o Centro Tecnolóxico de Industrias Lácteas Lugo para USC (2014) e o Centro de Día e Residencial en Becerreá – Lugo (2014).

Para a iniciativa privada realizou vivendas unifamiliares singulares e a renovación e actualización das instalacións do Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo.

Participou en numerosos Concursos de Ideas de obra pública; 1º Premio de Centro de Día e residencial en Becerreá (Lugo), 1º Premio Centro Tecnolóxico Lácteo en Lugo, 1º Premio Ampliación de pazo Castrelos en Vigo, 1º Premio Espazo Público en Fingoi en Lugo, Mencións nos Concursos Concello de Viveiro e Vicerrectorado Universidade de Lugo, 4º Premio Concurso Centro de Formación Marítimo Pesqueiro en Burela (Lugo), 2º Premio Ordenación Xardíns Noriega Varela en Viveiro (Lugo) e outros.

Obtivo catro accesits nos premios COAG nos anos (1987, 1990, 1992, 2000) e unha mención no Premio Galán Carvajal (1995).

A súa obra foi publicada con frecuencia na revista Obradoiro e ocasionalmente nas revistas “ON” e conarquitectura, Magazine del Diario El Mundo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia.

Tamén os volumes Squares (New Architecture, Editorial Atrium), Enciclopedia da Arte en Galicia, The Multifuncional Library (Universitat de Barcelona), Os Equipamentos Deportivos en Galicia e o volumen “Rehabilitando a Tineria” da Xunta de Galicia ocupáronse da súa obra. Duas das súas obras figuran na Guía de Arquitectura de Lugo recentemente publicada polo COAG e na guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia.

Por último colaboracións de prensa habituais no Diario “O Progreso” e La Voz de Galicia, conferencias, participación como xurado de Concursos de Arquitectura e membro da Comisión de Cultura do COAG, completan este breve currículo profesional.

 Obras realizadas

NOMEAMENTOS

Membro do Xurado do Museo Interactivo de Lugo, nomeado como arquitecto de prestixio polo Concello de Lugo. 2007.

Membro do equipo para a redacción do Plan Estratéxico de Lugo. 2006.

Representante dos Concursantes no Concurso para o peche da Delegación en Lugo do C.O.A.G.

Nomeado pola Xunta de Goberno do COAG Secretario da Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 1996-1997.

Nomeado Coordinador Provincial para a “Delimitación do Entorno dos Bens de Interés Cultural” (B.I.C.) por decisión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Conselleria de Cultura e Xuventude. Xunto a Manuel Gallego Jorreto (A Coruña), Cesar Portela (Pontevedra) y Javier Suances (Ourense). Outubro 1991.

Representante da Delegación de Lugo na Comisión de Cultura do Colexio de Arquitectos de Galicia no período 1982-1984.

Nomeado polo Colexio de Arquitectos membro do Xurado no Concurso de Ideas para o futuro do Concello de Monforte de Lemos.

Nomeado polo Colexio de Arquitectos membro do Xurado no Concurso de Ideas para Ordenación das Ribeiras do Río Miño. Parque do Río Miño, en Lugo, convocado polo Excmo. Concello de Lugo.

Representante oficial da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia na Comisión Provincial do Patrimonio Histórico-Artístico, no período 1981-1983.

 

ACTIVIDADES E CONFERENCIAS

Conferencia “A Arquitectura desde Lugo”. Consello da Cultura Galega. 2007.

Conferencia Ciclo Cine e Arquitectura: Evolución da pequena cidade de provincias. 2003.

Membro organizador da Exposición “O Racionalismo en Lugo”. Concello de Lugo e Colexio de Arquitectos. 2003.

Ciclo de Conferencias “Preocupacións Urbanísticas da Primeira Metade do Século XX”. Club Cultural Valle Inclán. 2003.

Conferencia Facultade de Historia del Arte. S.C. Obras recentes. 2000.

Conferencia Escola Arquitectura da Coruña. “Santiago Catalán: Obra recente, 1997-1998”.

Conferencia Master Restauración Arquitectura. Curso 1998-1999. E.T.S.A.C.

Conferencia Museo de Lugo en colaboración Escola Artes Aplicadas: Dúas intervencións na paisaxe. 1996.

Participación Mesa Redonda nas Xornadas sobre Comunicación y Deseño na Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Abril 1991.

Redactor das Bases e Organizador do Concurso de Ideas para a solución da mazá 05 de Lugo, organizado polo Colexio de Arquitectos de 1983.