Uxía Blanco


Categoría: Actriz
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Touro (A Coruña)
 Obras realizadas

Participou como actriz en diversas series de TV: “Serie Negra” de TVE no capítulo titulado “Dicen que el amor es algo maravilloso” (1991), no capítulo 70 da serie “Canguros: Misión imposible “ (1995, no capítulo 2 da serie “Makinavaja” (1995), “La Familia Pita” (1997), “Mareas Vivas” da TVG (1999-2001), “El Comisario” (2000), “Cuéntame” (2001 e 2002), “Manolito Gafotas” (2004), "Libro de Familia" e "Serramoura" da TVG (2014).

Desde 1997 ata a data ten participado no programa “Dezine” na TVG e desde 1970 en diversas montaxes teatrais.

Polo que respecta á súa filmografía, foi protagonista da longametraxe Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro (1987-88), coprotagonista na longametraxe Huídos, dirixida por Sancho Gracia (1992), protagonista de Atlántico Exprés, de Alber Ponte (1993), protagonista de El último capítulo, de Abel Mario (1993) dentro do curso “El cine, de la teoría a la práctica”, dirixido por Pilar Miró, protagonista de Illas, de Daniel Domínguez (1993), protagonista de Contar de Manolo Abad (1994), actriz na película Hermana, pero que has hecho?, de Pedro Masó (1994), coprotagonista da longametraxe Ni en sueños, de Alber Ponte (1995), protagonista da longametraxe La lengua de las mariposas, de José Luis Cuerda (1998), actriz na longametraxe Tierra de Fuego, de Miguel Litín (1999), actriz no espectáculo The days before, dirixido por Robert Wilson (2000) e actriz na longametraxe Dagon, de Stuart Gordon (2000).

 

FILMOGRAFÍA:

Lola (2011).

Vacas, porcos e zapatos de tacón (2010).

Sexo, entre o ceo e a terra (2009).

Galicia, cruce de miradas (2007).

Hotel Tívoli (2006).

A velocidade funda o esquecemento (2006).

Sempre Xonxa en Petín (2005).

Somne (2004).

As viaxeiras da lúa (2003).

Xogo de mentiras (2003).

Galactea (a conquista da Vía Láctea)(2001).

Dagon, a seita do mar (2001).

A Terra do Fogo (2000).

A lingua das bolboretas (1999).

Contar (1999).

Mareas vivas (1998).

Dezine (1998).

Atlántico express (1993).

Illas Sisargas (1993).

Luar (1992).

Sempre Xonxa (1989).

O segredo (1984).

 Outros datos de interese

En 1990 foi seleccionada para o Premio Paco Rabal como mellor actriz revelación na VI Semana de Cine Español de Murcia polo seu traballo en 'Sempre Xonxa'.

Foi seleccionada para o mellor programa de TVG por “Dezine” e á mellor interpretación feminina pola película 'La lengua de las mariposas'.

É a autora do conto A arte para os nenos: “Un camiño de auga”, ilustrado con cadros e debuxos de Manuel Colmeiro.

Afeccións: literatura, arte (ten realizado exposicións de pintura, escultura e fotografía en España e Alemaña), equitación e navegación a vela.