Victorino Pérez Prieto


Categoría: Profesor e escritor. Doutor en Teoloxía e en Filosofía
Data de Nacemento: 18 de outubro de 1954
Lugar de Nacemento: Hospital de Órbigo (León)

Opinión
 Currículum

Doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA) e Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) con teses sobre a teoloxía interrelixiosa e a filosofía intercultural de Raimon Panikkar. Bacharel en Filosofía e Teoloxía en Santiago de Compostela (ITC) e Licenciatura en Teoloxía Dogmática na UPSA. Tamén realizou cursos de Teoloxía e Sagrada Escritura na Universidade de Comillas en Madrid.

Foi ordenado sacerdote en Mondoñedo por Miguel-Anxo Araúxo Iglesias en 1981. Durante vintecinco anos exerceu o ministerio como párroco no mundo rural (A Pastoriza-Lugo), mariñeiro (Xove- Lugo) e urbano (Ferrol). Foi director de numerosos Retiros e Exercicios Espirituais, e consiliario de grupos apostólicos...

Foi profesor no "I.B. de Burela" (Lugo), na "Escola Diocesana de Teoloxía" e nas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, e a Universidad de San Buenaventura-Bogotá (profesor titular en Teología) e finalmente na Universidade de La Salle - Madrid. Ademais, dirixiu cursos de verán; entre outros na Universidade de Santiago e na Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

 Obras realizadas

É escritor prolífico en xornais, revistas e libros. Foi colaborador habitual con artigos de opinión en “El Progreso”, “Diario de Ferrol”, "La Voz de Galicia" e "Nós Diario"; tamén colaborou en “La Región”, “El Faro de Vigo”, “Xornal de Galicia”, “Heraldo de Vivero”... Foi director da revista "Irimia" (1981-1993) e pertenceu desde 1981 ao Consello de Redacción de "Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián". Foi tamén colaborador habitual de “A Nosa Terra” e "Sermos Galicia" ocasional doutras revistas galegas (“Grial”, “Lumieira”, “Tempos”, “Guía de libros”, “Ferrol-Análisis”, “Lucensia”, “Criterios”, “Galegos”, “Agora”...), españolas (“Iglesia Viva”, “Vida Nueva”, “Alandar”, “El Prado”, “Noticias Obreras”, “Dialogal. Quaderns de l’ UNESCO”...) e estranxeiras (as colombianas “Revista Theologica Xaveriana” de Bogotá, e “Cuestiones teológicas” de Medellin, as italianas "CIRPIT review" de Milán e “Complessitá” de Messina, etc…).

Publicou máis de vinte libros individuais: "A Xeración 'Nós'. Galeguismo e relixión" (Vigo, 1988); "Cristiáns e galeguistas" (Santiago, 1994); "Galegos e cristiáns. Deus fratresque Gallaetiae" (Vigo, 1995); "Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo" (A Coruña, 1997); "A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia Santa Margarida" (Santiago, 1998); "Ecologismo y cristianismo" (Santander, 1999); "Con cordas de tenrura" (Vigo, 2000); "Con cuerdas de ternura" (Madrid, 2001); "Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza" (Vigo, 2005); "Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego" (Noia, 2007); "Obras de teatro para o Nadal" (Madrid, 2009), "Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario" (Vigo 2010, 2ª edición 2012); “Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza” (ed. A Coruña, 2010); "Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación" (ed. A Coruña, 2011); "La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso desde el Concilio Vaticano II" (Estella 2014); “Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo (Saarbrücken-Germany, 2014); “Diccionario panikkariano”, con José Luis Meza Rueda (Barcelona 2016) e “Prisciliano, um cristâo livre. O seu eco na cultura galaico-portuguêsa” (Santo Tirso-Portugal 2017).

As súas últimas publicacións foron: “A xeración Nós. No centenario da revista” (Sada 2020) y “A unidade e a harmonía da Realidade. Complexidade e ecoloxía” (Vigo 2022).

Colaborou en máis de cincuenta libros; entre eles: "O idioma da Igrexa en Galicia" (Santiago, 1989); " Guerreiro" (Lugo, 1990); "O Ensino da lingua: por un cambio de rumbo" (A Coruña, 1995); “Guieiros: Xosé Chao Rego” (Guitiriz 1996); "Manuel María" (Lugo, 2001); “Paulino P. Mendaña, médico solidario” (Pontedeume 2001); "Homenaxe a Xosé Lois García" (Barcelona, 2006); "Diálogos nun camiño da cultura Europea" (A Coruña, 2007); "Ser Igreja" (Lisboa, 2007); "Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego" (Vigo, 2008) "Miguel, un cura grande" (Vigo, 2009); “O Pensamento Luso-Galaico-Brasileiro: 1850-2000” (Lisboa 2009); “Perspectivas sobre Bóveda” (A Coruña 2011); “Da Galicia de Balbino á Galicia de Hoxe. Neira Vilas” (Pontevedra 2011);“Recuperar o cristianismo. Homenaxe a Torres Queiruga” (Vigo 2012); “As mulleres nas artes e nas ciencias. Reflexións e testemuños” (A Coruña 2013); “Peregrinaçois espirituais e turismo sacro. A Religião em Movimento” (Braga 2014); “Galegos Universais”/”Gallegos universales” (A Coruña 2016), “Desafíos éticos para el post-acuerdo en Colombia”(Bogotá 2017), “Interpelaciones del Papa Francisco a la Teología Hoy” (Bogotá 2017), “Budismo y cristianismo en diálogo” (Bogotá 2018), “Perspectivas sobre el pensamiento de San Buenaventura de Bagnoregio y otros estudios” (Bogotá 2018), “Hacia una teología de la interioridad” (Madrid 2019), “Diccionario de Filosofía Ferrater Mora” (Girona 2020), “Raimon Panikkar. Lecturas teológico-filosóficas a la luz de su pensamiento” (Bogotá 2020), “Le pratiche del dialogo dialogale. Scritti su Raimon Panikkar” (Milano 2020), “Dicionário Histórico-Crítico das Heresias” (Lisboa 2021), “Le pratiche del dialogo dialogale. Scritti su Raimon Panikkar” (Milano 2020) [introducido xá até aquí], “Deus semper maior. Teología en el horizonte de su verdad siempre más grande. Miscelánea homenaje al Prof. Santiago del Cura Elena (Salamanca 2021), “Mirando a Oriente/ Looking to the East. De la colonización a la inculturación. 7º Congreso Internacional de Arquitectura Religiosa Contemporánea” (A Coruña 2021), “Panikkar: perspectivas abiertas. Simposio Internacional Raimon Panikkar 2019” (Barcelona 2022), “Dicionário Histórico-Crítico das Heresias” (Lisboa 2022).

Tamén é conferenciante sobre temas de relixión e cultura tanto en ámbitos relixiosos como laicos, universitarios e populares. Ten dado cursos e conferencias, entre outras: no Foro Relixión e Cultura (Santiago, 1989, 1995…); Xornadas de Vida Relixiosa (Santiago, 1996); Ciclo de conferencias sobre o franquismo, con S. Carrillo, Chao Rego, Espiña... (Ferrol, 1996); Semana de Teoloxía e Pastoral (A Coruña, 2000); Congreso de Profesores de Lingua Galega “Otero Pedrayo no seu vintecinco cabodano” (Ourense, 2001); “O futuro da Igreja” (Lisboa, 2002); Jornadas de Ecoloxía (Guadalajara, 2003); Foro “Cristianisme i cultura” (Bilbao, 2003); “Drets humans i drets dels pobles” (Vic 2004); Simposio de Prisciliano (Santiago, 2006); Jornadas de Justicia y Paz de CONFER (Madrid, 2007); Islam y Cristianismo (Universidad de Castilla-La Mancha, Cuenca, 2007); VII Encontros de Mondariz-Balneario (Mondariz, 2009), III Jornadas de História de Galiza (Ourense, 2010); “Xosé Neira Vilas. Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe”. Curso da UNED (Lalín, 2010), “Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación”, curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (Ortigueira 2010); Colloquium internazionale CIRPIT “La dimora della saggezza. l’Ecosofia tra Filosofia Interculturale e Pensiero della Complessità” (Nápoles-Italia 2010); X Jornadas de Hispanismo Filosófico "Crisis de la modernidad y filosofías ibéricas" (2011); “Giornata Panikkar-Università di Roma Tre (Roma 2012); Ciclo “50 años del Concilio Vaticano II” (Pamplona 2013); “Status quaestionis nello studio e nella ricerca sul pensiero di Raimon Panikkar” (Bérgamo-Italia 2013); Congreso del ODREC sobre la diversidad religiosa y de las culturas (Bogotá-Colombia 2016); Congreso Internacional de Teología (Bogotá 2016); “Los jesuitas y la ciencia. XI Coloquio de Historia” (Monterrey-México 2016), “Los tres ojos del conocimiento” (Monterrey-México 2017), “Simposio Internacional Raimon Panikkar 100 años” (Costa Rica 2018), Simposio Iberoamericano Raimon Panikkar 100 años” (Bogotá 2018), “Seminario sobre Xesús no cine: Do cine mudo (1897) até 2018” (Santiago de Compostela 2019), “Panikkar: perspectives obertes. Simposi internacional Raimon Panikkar 2019” (Barcelona 2019), “Importancia e actualidade do grupo ‘Nós’ na cultura galega: Otero Pedrayo, Risco e Castelao” (palestras em Santiago, A Coruña, Lugo e Ferrol).

 Outros datos de interese

É membro da "Asociación de Teólogos/as Juan XXIII", da "Asociación de Escritores en Lingua Galega", do "Seminario Galego de Educación para a Paz", do "Centro Interculturale Raimon Panikkar-Italia" (CIRPIT), de "Paternia au dela des frontières" (Francia), de la ”Red Latinoamericana de Teólogos/as Amerindia” (Colombia) e de outras asociacións.