Xesús Mato Mato


Pseudónimo:J. Cabodevila, para composiciones musicales
Categoría: Crego, musicólogo e escritor
Data de Nacemento: 29 de Outubro de 1932 ( † 13 de febreiro de 2024)
Lugar de Nacemento: Cabodevila, San Martiño, Paradela (Lugo)

Opinión
 Currículum

Fillo de labregos, tivo 6 irmáns. Foi a unha escola rural e a pasantía cun crego. De 1946 ó 1958: Carreira sacerdotal no Seminario de Lugo. De 1958 ó 1967: Coadxutor de Lalín (Pontevedra). En 1967: Técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid. Desde 1968: Asesor relixioso e redactor en Radio Popular, Lugo. De 1983 ó 2000: Crego de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro. Fixo tamén "Cursos Bíblicos" (durante tres anos), "Cursos de Doutrina Social da Igrexa", "Os Cursos de Galego", "Reciclaxes musicais", Profesor de Colexio Privado (Filosofía e Música) (1959-64). Profesor de relixión do Instituto Laboral de Lalín (1965-67). Director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Obispado. (1967-68).

 Obras realizadas

Fundador e 1º Director de Radio Popular de Lalín (1959-64). Fundador e 1º Director da Polifonía de Lalín (1958-1967). Fundador e 1º Coordinador de Auxilia - Lugo (1970-77). Cofundador do Grupo "Fuxan os Ventos" (1972) e "Galicia canta ó Neno". Fundador-director dos Coros Colexios Menores (Santísimo Sacramento e Eijo y Garay). Colaborador de El Progreso desde 1970. Artigos, colaboracións, conferencias... en Revistas, tertulias... Recollida e difusión de cantos populares galegos. Arranxos e transcricións musicais. Autor canción "Fuxan os Ventos" (letra e música) e de "Mencer". LIBROS: "Galicia canta ó Neno", "Por un Lugo sen barreiras" (ámbolos dous en colaboración). En preparación: "Á beira do Camiño" (tema: "peregrinos"). PREMIOS: Lucense do ano, 1991. V Premio Moncho Valcarce, 1998. Terceiros premios de Cultura Tradicional de María Castaña. Premio de Xornalismo sobre o Nadal. Begonte, 2009.

 Outros datos de interese

Premios: Lucense do ano, 1991. V Premio Moncho Valcarce, 1998. Terceiros premios de Cultura Tradicional de María Castaña. Premio de Xornalismo sobre o Nadal. Begonte, 2009.

O Concello de Paradela nomeouno por unanimidade "Fillo Predilecto" na sesión celebrada o 30 de marzo de 2005. Esta distinción se lle entregou en acto multitudinario o 19 de xuño de 2005.

En Abril de 2018 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

Mato sono io...

 

 

 

 

Baixar en formato PDF o libro

"Mato sono io... 100 Amigos falan de Xesús Mato Mato"