Xosé Luis Franco Grande


Categoría: Escritor e avogado
Data de Nacemento: 17 de febreiro de 1936
Lugar de Nacemento: Tebra, Tomiño (Pontevedra)
 Currículum

A súa infancia e primeira mocidade transcorreron en Tebra, onde os seus pais eran mestres de primeiro ensino. Estudiou o bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago. Exerce en Vigo a profesión de Avogado e é Asesor Xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Está casado e ten dúas fillas: Rosalía e Navia, a primeira tamén avogada e xornalista a segunda. Debe todo na súa vida ós compañeiros de xeración e ós galeguistas que na década dos cincuenta retomaron a loita pola dignidade nacional de Galicia. A súa profesión impídelle face-la obra literaria que quixera. Procura escribir na prensa todo o que as súas ocupacións lle permiten, porque é unha maneira de manter relación con lectores e dicirlles que un aínda está vivo.

 Obras realizadas

1957. Vieiro Choído. Galaxia.

1967. Entre o sí e o non. Galaxia.

1968. Diccionario Galego Castelán. Galaxia.

1970. Obra Completa de Leiras Pulpeiro. Fundación Penzol.

1972. Vocabulario Castelán Galego. Galaxia.

1985. Os anos escuros I. Edicións Xerais de Galicia.

1987. Herdo de memoria e tempo. Edicións Xerais de Galicia.

1991. A ilusión da esperanza. Edicións do Cumio.

2001. Biografía de Francisco F. del Riego. Ir Indo.

2004. Os anos escuros: A resistencia cultural dunha xeración. Galaxia.

 Outros datos de interese

Premio Nacional de Literatura "Rosalía de Castro", polo seu libro de poemas Entre o sí e o non.

Académico de número da Real Academia Galega dende o día 3 de xullo de 1998.