Xosé Novo Freire


Categoría: Avogado
Data de Nacemento: 25 de outubro de 1928 († 27 de xaneiro de 2012)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Ós 8 meses trasladouse con seus pais a Lugo. Estudiou nos colexios privados na Milagrosa e na Escola Unitaria. En 1940 ingresou no Instituto Masculino de Ensino Medio, realizando o Exame de Estado en 1948 e Maxisterio en 1950. Traballou no bufete de Ángel López Pérez. Estudiou Dereito en Oviedo e licenciouse en 1956, incorporándose ó Colexio de Avogados de Lugo e posteriormente (1964) ó da Coruña. Foi membro da xunta de goberno do Colexio de Lugo durante máis de 10 anos, e posteriormente, o primeiro alcalde democrático de Lugo (1979, nas listas de UCD). Foi, tamén, membro da Executiva de Coalición Galega e director de Cáritas Diocesana en 1971. No congreso de avogados de León (1971), foi o relator de "Delito Político e situación dos presos condenados", con enfrontamentos cos avogados afectos ó Réxime. Foi congresista no Congreso Internacional de Avogados Xoves (Barcelona, 1968) e no de Dereito Galego (A Coruña).

 Obras realizadas

Foi o creador en Cáritas Diocesana, xunto con Antonio Gandoy, de "Preescolar na casa". Na súa etapa como alcalde, destaca a creación das urbanizacións da Piringalla e Garabolos, a construcción do Instituto de Segunda Ensinanza e a recuperación do Parque de Rosalía de Castro.

 Outros datos de interese

Foi académico correspondente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Dende Marzo de 2005 unha rúa lucense leva o seu nome.