Alfonso Otero Regal


Categoría: Pintor e escultor
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Nois - Foz (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Estudiou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana (Barcelona) e no Seminario de Estudios Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas en Barcelona. Traballou no seu propio taller de cerámica utilitaria, na "Regal-Cerámicas" en Viveiro (Lugo) e nun estudio de cerámica artística, muralismo e traballos arquitectónicos. Foi profesor de Cerámica en talleres ocupacionais e escolas taller, profesor e promotor dun centro de formación para mozos, impartiu cursos de rakú, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España, realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados, e ten obras en museos, fundacións e coleccións privadas de España, Europa, Estados Unidos e Xapón.

 Obras realizadas

Realizou as seguintes exposicións individuais: "Antología Embrionaria" (Zaragoza, 1973), "Mutaciones" (Lugo, 1976), "Mutaciones 2" (Munich, Oviedo, 1977), "Grandes Platos" (Viveiro, 1983), "O Feitizo" (Foz-Lugo, 1985), "Iberia" (Ibiza, 1987), "Anacos de cartas de amor" (A Coruña, 1989), "Amboa" (Santiago, 1990, 1992 e 1993), "Hombre, Tierra y Fuego" (A Coruña, 1991), "Casa de Galicia" (Madrid, 1994), "Porta da Vila" (Viveiro-Lugo, 1995), "La Tierra que habla" (Barcelona, 1997) e "A escultura tamén é cultura" (Viveiro-Lugo, 1998).

 Outros datos de interese

En abril de 2010, a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga) nomeouno "Autónomo del Año".

En 2011 obtivo o Premio Nacional de Promoción da Artesanía.