Antonio Taboada Nieto


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1869 (†En 1943)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Antonio Taboada quedou cego moi novo. Estudiou Piano, Frauta, Harmonía e Composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela en Pontevedra.

 Obras realizadas

Como compositor, deixou unha obra importante en diversos xéneros musicais, destaca sobre todo a zarzuela Los hijos de Minerva. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes.

 Outros datos de interese

Á súa morte, a Deputación de Pontevedra creou o premio "Antonio Taboada Nieto" para a ampliación de estudios de piano.