Anxo González Guerra


Data de Nacemento: 28 de abril de 1955
Lugar de Nacemento: Cartelos, Carballedo (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou no Seminario de Lugo e colleu os tempos da reforma impulsada por José Castiñeira Pardo. O curso de COU fíxoo no Instituto masculino con profesores da talla de Xesús Alonso Montero e Amable Veiga. Comezou Filoloxía no Colexio Universitario de Lugo compartindo ilusións con profesores novos como Anxo Tarrío e alumnos como Claudio Rodríguez Fer e Manuel Figueiras Fernández. Alí os pillou en 3º a morte do Xeneral Franco. En 1976 continuou os estudos en Santiago, formando parte da 1ª promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa (con Manuel Ferreiro, Francisco Salinas, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Xosé Ramón Pena, Mª Xosé Queizán, Miguel Mato, César Morán...).
Ricardo Carballo Calero, Xosé Luís Rodríguez, Antón Santamarina... formaron esta promoción de filólogos. Nas primeiras oposicións de Lingua galega a profesores agregados de Instituto (1981) obtivo praza no Sánchez Cantón de Pontevedra (no que segue aínda en 2007), obtendo a condición de catedrático uns anos máis tarde.

 Obras realizadas

Publicou en 1987 xunto coa súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, un libro de moito éxito nese tempo: “Exercicios de lingua”. Desde 2005 Anxo y Vitoria gobernan a páxina web Galego exercicios e pseudónimos (www.xente.mundo-r.com/anvi). Antes tamén publicara varios estudios sobre Manuel Antonio: “O idioma galego na poesía de Manuel Antonio” (1981) e “Manuel Antonio” (1982), este con Xosé Ramón Pena.