Basilio Álvarez Rodríguez


Categoría: Crego e activista político
Data de Nacemento: 10 de agosto de 1877 (†15 de novembro de 1943)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Cursou estudios de Bacharelato en Ourense e ordénase sacerdote moi novo despois de facer carreira sacerdotal no Seminario Conciliar de San Fernando. Colabora en El Heraldo Gallego, diario fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal. En 1907 trasládase a Madrid e serve como capelán na casa do marqués de Urquijo. Colabora na revista Galicia, que empeza a dirixir en 1909. En 1910 convértese na alma do movemento Acción Gallega. Foi o promotor do agrarismo, movemento que defendía a supresión de foros e do caciquismo, así como a mellora da agricultura. Debido ós seus discursos radicais, o bispo expúlsao da parroquia que dirixía, Beiro (Ourense). Abandona o sacerdocio e obtén a licenciatura en Dereito. En 1915 visita Arxentina e ó volver a España funda en Madrid El Parlamentario e en Ourense La Raza. En 1931 pasa a ser deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República. Viviu exiliado en Cuba e en Estados Unidos, onde morreu en 1943.

 Obras realizadas

En 1904 publica un folleto titulado El cura rural co que se enfronta ó periódico La Justicia, que anima ós campesiños a non paga-las cargas á Igrexa. En 1907 publica en Madrid Por los agros celtas, unha colección de contos sobre Galicia e en 1909 publica Hablando con los santos. Posteriormente publica El libro del periodista (Madrid, 1912) e Abriendo el surco (Cuba, 1914). O seu libro Dos años de agitación política (1933) recolle a súa experiencia como representante político no Goberno da República.