Berta Rivera


Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, é doutora en Economía pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. No que se refire ás actividades relacionadas coa docencia, Berta Rivera foi vicedecana da Organización Académica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Coruña, onde ata o de agora era profesora titular.

 Obras realizadas

As súas principais liñas de investigación foron Macroeconomía e Saúde, Economía e Asistencia Sanitaria, e Equidade e Política Sanitaria. A súa tese de doutoramento recibiu o premio do Instituto de Estudos Fiscais na área de Economía Pública.
A nova directora da FEGAS dirixiu tamén diferentes proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e ten traballado en proxectos de investigación para diferentes institucións como o Ministerio de Sanidade, a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña ou a Fundación BBVA.

 Outros datos de interese

Berta Rivera foi designada membro do Consello Asesor da Sanidade pública galega, investigadora asociada ao Centro de Investigación en Economía e Saúde (CRES) da Universidade Pompeu Fabra, e membro da Asociación de Economía da Saúde (AES), e da International Health Economic Association (IHEA). A nova directora da FEGAS publicou tamén diferentes artigos en revistas nacionais e internacionais, e ten participado como editora e autora en diferentes publicacións.