Florentino Cacheda


Lugar de Nacemento: Lalín (Pontevedra)
 Currículum

De pai e avó xastre, a súa era inevitablemente unha tradición de xastrería.
Despois da súa educación nos colexios públicos de Lalín, da súa formación no seo familiar, e da súa paixón pola moda, era inevitable que a súa educación continuase ligada ao mundo do deseño.
Florentino emprendeu a súa carreira en Barcelona, cidade de referencia da moda. Alí permanece por espazo de catro años, onde compaxina o traballo nunha fábrica de confección coa escola de deseño. Esta dualidade, traballo e estudos, proporciónanlle unha formación completa que marcaría a traxectoria da súa vida no mundo da moda.
O seu camiño veuse interrompido polo cumprimento do servizo militar.
Antes de fundar o GRUPO FLORENTINO, Florentino Cacheda xa traballaba no mundo da confección de moda masculina.

 Obras realizadas

A morriña e a fascinación que o pobo de Lalín exercía sobre o deseñador fan que funde o Grupo Florentino no ano 1970. A partir deste momento, falar de Florentino Cacheda sen facer referencia o GRUPO FLORENTINO carecerá de sentido debido a identificación tan grande que existía con este proxecto e que continúa ata os nosos días.
Durante os primeiros anos de rodaxe empresarial vanse adquirindo os coñecementos precisos para chegar a actuar cunha verdadeira mentalidade de empresa, creando esquemas de traballo, formando a xente e preocupándose pola tecnoloxía. Empézanse a coidar aspectos tan vitais nunha empresa coma a imaxe, o posicionamento do produto e a promoción.
A partir de 1981 establécese un novo concepto de moda que fai que Florentino desenvolva dúas visións diferenciadas pero coherentes do vestir, unha máis clásica pero renovada, e outra sport cidade.
A década dos 80 son anos de auxe das Feiras Internacionais. Florentino está presente nas mellores e máis coñecidas asistindo con stand propio a: Sehm de París, Eurostyle en Nova York, Manstyle en Toronto, Herren Mode en Colonia e Gaudí en Barcelona. O produto Florentino chega a mercados internacionais como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Países Escandinavos, Canadá e Holanda. Será nestes anos cando as relacións comerciais cos Estados Unidos se desenvolven dunha maneira moi notable.
Florentino Cacheda inicia a década dos anos 90 coa orientación da creación dun Grupo Empresarial consolidado, afianzado nunha posición de mercado e con solvencia suficiente para afrontar futuras ampliacións. É nesta época cando se orienta a exportación cara a Unión Europea. A aposta foi Francia, onde hoxe en día e relevante a penetración da marca neste mercado.
Ao longo dos vindeiros anos consolídase a estrutura produtiva do Grupo Florentino coa creación de dúas novas naves dedicadas á produción industrial, un centro loxístico e de calidade, e un novo centro administrativo; un total de mais de 30.000 m2. Toda a estrutura produtiva está equipada cos últimos avances e as máis modernas tecnoloxías.
Desde a primeira colección, o deseñador foi formando ao seu propio equipo, un conxunto de novos creadores que colaboran activamente nas coleccións, sempre baixo a súa tutela directa.
Nos últimos tempos recibiu numerosos recoñecementos nas súas facetas de deseñador e de empresario. O seu carácter e a súa personalidade impulsan á empresa nos grandes proxectos empresariais e comerciais que pon en marcha, entre os que destaca o lanzamento de novos produtos como resposta ás necesidades do home do novo milenio.
 
Nos seus comezos Florentino investiu nunha fábrica de aproximadamente 1.700 m² no que agora é pleno centro de Lalín. Nesta primeira nave, situada na calle Pintor Laxeiro, fabricáronse prendas ata 1987, empregando o que para aquel entón era un proceso industrial con maquinaria punteira.
 
No ano 1987 inaugurouse a fábrica da Calle do Rodo. Os seus máis de 4.200 m² multiplicaban por 2,5 a superficie existente na calle Pintor Laxeiro, reflectindo o crecemento experimentado pola empresa. O volume de negocios alcanzado, e a promesa dun futuro cheo de éxitos, grazas ao esforzo dun gran equipo humano, obrigou a inversión no complexo industrial que se estrearía en xullo dese mesmo ano.
A inauguración deste recinto converteuse nunha festa ao máis puro estilo galego. A fábrica do Rodo non quedou no esquecemento e segue sendo un centro de creación. Entre outras cousas é aquí onde o equipo de deseño e montaxe dos stands, das múltiples feiras internacionais nas que a empresa participa, desenvolve o seu labor.
En 1997 comeza o traslado ás novas instalacións do Polígono Industrial Lalín 2000. Este novo complexo industrial, pola súa envergadura, vaise construíndo por fases, ata chegar a ter os seus actuais 30.000 m² aproximadamente. O traslado de departamentos e persoal fíxose tamén paulatinamente e non será ata o ano 2005 cando se consiga agrupar a toda a plantilla neste novo complexo.
Non só se investiu en tecnoloxía para a fabricación de prendas se non que se creou un entorno de traballo na área de recepción e administración reflexo da personalidade da empresa. Este proceso de inversión en novas tecnoloxías en tódolos departamentos é continuo, reflexo da preocupación polo traballo ben feito, poñendo a disposición do persoal os medios necesarios para o bo funcionamento da empresa.

 Outros datos de interese

PREMIOS E DISTINCIÓNS
MEDALLA CASTELAO:
A Medalla Castelao foi creada polo Goberno Galego en 1984 para conmemorar o retorno a Galiza dos restos de Castelao o 28 de xuño dese mesmo ano.
Segundo se recoñece no Decreto de creación deste galardón, “a perfección, o simbolismo e a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo”. A Medalla Castelao, polo tanto, distingue a obra de cidadáns galegos no campo artístico, literario, doutrinal ou calquera outra faceta da actividade humana, galegos que deben ser guía para futuras xeracións que queiran seguir engrandecendo a realidade de Galicia.
D. Florentino Cacheda López – Premiado coa Medalla Castelao no ano 1997 – entregada polo Excmo. Presidente da Xunta de Galicia D. Manuel Fraga Iribarne
 
GALEGOS DO MES:
Premio outorgado polo Grupo Correo Gallego aos galegos que actuaron como firmes defensores dunha terra na que cren e pola que loitan sen descanso a través das súas destacadas traxectorias en moi diferentes ámbitos profesionais. Os premios, que se outorgaron mes a mes, e que se entregan nunha gala anual: “Premios Galegos do Ano”.
Gala de Entrega de Premios Galegos do Ano 2002 – D. Florentino Cacheda López foi premiado Galego do Mes de abril 2002.
Gala de Entrega de “Premios Galegos do Ano 2006” – D. Florentino Cacheda López foi premiado Galego do Mes de novembro de 2005.