Francisco López Capont


Categoría: Químico
Data de Nacemento: En 1922 (†10 de novembro de 2001)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Despois de licenciarse e doutorarse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e estudiar Bromatoloxía en Madrid, viaxou a Francia para estudiar e traballar no laboratorio de investigación dos establecementos J.J.Carnaud et Forges de Basse-Indre. Posteriormente, viaxou a Inglaterra para traballar e estudiar na Metal Box. Creou o primeiro laboratorio da Unión de Fabricantes de Conservas en Vigo (na actualidade Anfaco-Cecopesca). Foi nomeado técnico da FAO e foi destinado a moitos países nos que deu clases e os iniciou na industrialización do pescado. Tamén colaborou con outras organizacións de Nacións Unidas como ONUDI (Departamento da ONU para o Desenvolvemento Industrial), GATT (Institución de Nacións Unidas para o Comercio, OEA (Organización de Estados Americanos), BID (Banco Iberoamericano do Desenvolvemento) e coa Cooperación Técnica Española. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata que se xubilou en 1987.

 Obras realizadas

Francisco López foi autor de numerosas publicacións. Destacan fundamentalmente El desarrollo industrial pesquero en el siglo XVIII, Diccionario Técnico Inglés-Español de Tecnología, especies y siglas pesqueras, La conserva y salazón de la sardina, etc.

 Outros datos de interese

Foi cofundador do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e da delegación en Galicia da Asociación Nacional de Químicos de España. En 1981 creou a Asociación de Científicos e Tecnólogos de Alimentos de Galicia. En 1986 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias co seu discurso La industria de la sardina hace doscientos años. La pesca en Galicia en la época de Cornide de Saavedra.