Jorge Alberto Conde Viéitez


 Currículum

Licenciado en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Master en Dirección de Recursos Humanos por CEREM (Escuela Internacional de Negocios. Madrid).

Doutor en Psicoloxía Social pola Universidade de Salamanca.

Profesor Titular da Universidade de Salamanca nas materias básicas de Psicoloxía Social e de Dirección de Equipos, e colaborador docente en diversos cursos e seminarios sobre temáticas relacionadas coa psicoloxía organizacional e a xestión dos Recursos Humanos.

 Obras realizadas

Autor de diversas publicacións -artigos, monografías e libros- no ámbito dos recursos humanos e da psicoloxía das organizacións, destacando o libro do que é coautor titulado 'El desafío del Cambio Tecnológico. Hacia Una Nueva Organización del Trabajo' publicado pola Editorial Técnos.

Foi membro colaborador e investigador da primeira Cátedra de Empresa Familiar promovida dende a Universidade de Salamanca, e ven participando en proxectos de investigación e dirección de teses doctorais sobre diferentes aspectos psicosociais da empresa familiar como é a profesionalización e a responsabilidade social empresarial.

Actualmente desempeña o cargo de Director do Título Propio de Dirección Estratéxica de Persoas e Desenvolvemento Empresarial do Talento da Universidade de Salamanca Master en versión presencial e en versión on-line e ven exercendo o cargo de Subdirector do Departamento de Psicoloxía Social e Antropoloxía da mesma Universidade.