José Carlos Mosteiro Fraga


Data de Nacemento: 3 de novembro de 1955
Lugar de Nacemento: Santo André de Xeve (Pontevedra)
 Currículum

Estivo un ano nos Pais Escolapios en Salamanca, e logo estudou todo o bacharelato no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Fixo Maxisterio tamén en Pontevedra, e dende 1983 traballa como mestre. Actualmente exerzo a miña profesión no CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra de Caramiñal, localidade onde vive dende hai anos. 
Sempre lle gustou escribir, xa desde neno. Na súa adolescencia e xuventude escribiu moita poesía, pero aos 25 anos queimouno todo e só conservou un poema. Posteriormente, empezou a escribir narrativa e en 1994 gañou o Premio Literario O Facho cun pequeno conto, titulado “A segunda hora da tarde”. Iso animouno e en 1999 publicou “O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande” (Editorial Galaxia). En 2001 gañou o Premio Abril con “Manual de instruccións para querer a Irene”(Edit. Galaxia). “Ese unicornio rosa”(Edelvives, 2005) foi o seu terceiro libro. Por último, en 2006, gañou o Premio Barco de Vapor con “Unha bruxa ben rara” (Edit. SM).
 

 Obras realizadas

 
BIBLIOGRAFÍA COMPLETA
-A segunda hora da tarde (Premio O Facho, 1994). Publicado no libro colectivo “A cor dos soños”, VVAA, III Encontro de Creadores do Barbanza, Biblioteca Barbanza, A Coruña (2007).
-O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande, (Galaxia, 1999).
-Manual de instruccións para querer a Irene, (Galaxia, 2001).
-Ese unicornio rosa, (Edelvives, 2005).
-Unha habitación no paraíso, no libro colectivo “Voces na guerra”, Biblioteca Barbantia, 2006).
-Unha bruxa ben rara, (SM, 2007).
-SMS, no libro colectivo “Historias para ler e mirar”, O Lagarto pintado, Xunta de Galicia (2007).