Nonito Pereira Revuelta


Categoría: Promotor e comentarista musical
Data de Nacemento: 22 de xullo de 1943
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 981251212
Fax: 981160102
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum:

-Xornalista Musical. Iniciou o seu labor profesional cara a 1964 como discjockey no Playa Club da Coruña alternando o seu traballo coa preparación de audicións musicais en torno ó Jazz. -En 1967 dirixe e presenta en Radio Juventud da Coruña un programa de Jazz para ampliar posteriormente a súa actividade radiofónica a outros estilos musicais e outras emisoras (SER, RNE). En 1978 colabora coa COPE de Ferrol onde pon en marcha a programación autónoma da FM Estéreo -La Radio Feliz- para o que pon en marcha "Nosa", a primeira productora radiofónica galega que foi o primeiro intento de crear en Galicia unha linguaxe radiofónica específica de FM musical. -En 1983, é nomeado xefe de programas de Antena 3 Galicia e posteriormente coordinador musical das diferentes emisoras da cadea. -En 1986 é nomeado director de Radio Minuto na Coruña. Foi delegado da CECOM -Cadea Española de Comentaristas Musicais- en Galicia así como representante da Cadea Latinoamericana de Comentaristas Musicais. Como asesor musical do Concello da Coruña puxo en marcha o Noroeste Pop Rock que chegaría a converterse nun dos acontecementos musicais máis importantes de España. En prensa colaborou en diversas revistas especializadas (Actividad Discográfica e Mundo Joven), na Voz de Galicia, onde creou o primeiro suplemento musical galego "Voz Joven" e o Ideal Gallego. Na TVG presentou en 1992 o programa Radio Onte, que alcanzou unha importante audiencia ó longo das súas 26 edicións. Como comentarista musical basea o seu traballo na sobriedade e a precisión informativa. -Discjockey, periodista, escritor, conferenciante, locutor, xefe de programas e director de radio, presentador de TV, promotor de concertos, productor discográfico - guionista - asesor musical.

 Obras realizadas:

Creador do selo discográfico galego Abrente e iniciador en España do término Musica Celta co disco Fonte do Araño (1977) de Emilio Cao e Milladoiro de Antón Seoane e Rodrigo Romaní polos que recibiría o Premio Record World, un dos máis importantes do mundo de fala hispana, como mellor productor no ano 1978. Namorado de toda a música é o único comentarista musical que figura na Enciclopedia Galega. Outras produccións discográficas: -Faiscas do Xiabre. -Xosé Quintas Canella. -Xoan Rubia. -María Manuela. -NHU. -Xocaloma. -Castaña. -Antonio Seijo. Libros: -Cuadernos de Jazz (1971). -En la Cresta de la Música (1977).