Roberto Pascual Rodríguez


Data de Nacemento: 1981
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)
 Currículum

Profesor e Xefe de Estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dende 2007.

En 2009 foi nomeado Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, onde recolleu os Premios da Cultura Galega na Modalidade de Artes Escénicas, FEGATEA ou Rosa María Cano á Xestión Cultural vinculada ás Artes Escénicas da Feria de Teatro de Castilla-León.

Traballou no Instituto Cervantes e na Universidade Complutense de Madrid (2005-2007).

Licenciado en Filoloxía Galega (1999-2004), DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (2006) pola Universidade de Santiago de Compostela.

Posgrao en Arte Dramática: Teoría e práctica da Interpretación. USC, 2005.

Ampliou a súa formación con cursos impartidos por Mario Gas (Universidad Internacional Menéndez Pelayo 2008), Medhi Idir - Parc de La Villette “Mediación cultural, as novas relacións cos públicos” (Centro Coreográfico Galego, 2008), etc...

 Obras realizadas

Formou parte como actor da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e traballou en diversos espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro (2000-2005): O burgués fidalgo, Matanza, Apnea, Hamlet e Ubú encadeado.

Realizou unha estadía de investigación no ano 2007 dentro do laboratorio LLA- Laboratorio pluridisciplinar Lettres, Langages et Arts da Université de Toulouse-Le Mirail.

 

Forma parte dos consellos de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista de estudos galegos da UCM Madrygal.

Dirixe a colección Abrente de Textos Teatrais da editorial Difusora e ten publicados numerosos ensaios e artigos sobre as artes escénicas nas seguintes revistas: Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Primer Acto, ADE Teatro, Tempos Novos, Galicia 21 (Bangor University), Casahamlet, Artez, Lucero (University of California, Berkeley), Revista de Estudios Humanísticos (Universidad de León), Criaturas, Boletín da Real Academia Galega, etc.

 

Autor, coordinador ou editor nos libros: Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego (Tris-Tram, 2006), Cento vinte e cinco anos de teatro en galego (1882-2007) (Galaxia, 2007), Literatura dramática. Unha introdución histórica. (Galaxia, 2007), 25 anos. Mostra Internacional de Teatro. Ribadavia (Difusora, 2009), Alén, de Xaime Quintanilla (Galaxia, 2010), Creation, Publishing and Criticism. The Advance of Women's Writing (Peter Lang, 2010), Cadernos de Mariñán 4. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (Deputación da Coruña, 2012), Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro (Xerais, 2013), Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013 (USC-Servizo de Publicacións), 40 anos daquel Abrente (Galaxia, 2013), etc...

Autor dos cadernos pedagóxicos dos espectáculos “Touporroutou da lúa e do sol” (Teatro do Noroeste- CDG) e “O cego dos monifates” (Viravolta-Seisdedos).

Tradución e sobretitulación en galego e portugués do espectáculo La Merda. Frida Kahlo Productions, Richard Jordan Productions, Produzioni Fuorivia In Association with Summerhall. (Italia)

Redactor do proxecto teatro.gal (wiki galega para os estudos teatrais). Consello da Cultura Galega (en fase de execución).

Forma parte do Comité Científico de Avaliación Externa das seguintes revistas: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (Universidad Complutense de Madrid) e Itinerarios. Revista de estudios lingüísticos, literarios, históricos y antropológicos (Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos de la Universidad de Varsovia).

Coordinou o Plan de Formación Permanente dos profesionais das Artes Escénicas de Galicia (AGADIC) en 2008 e 2009, Os Ciclos ESAD 2010 (Memorias do Teatro e Dramaturxias.con) e o Campus Internacional de Verán das Artes Escénicas da ESAD de Galicia dende 2008 ata a actualidade.

Formou parte do xurado de varios premios teatrais: Premio Maruxa Villanueva de Interpretación, concedido polo Concello de Padrón e o Premio Nacional de Teatro e de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura, etc...

Membro do Comité asesor do Programa Platea 2015 e 2016 do INAEM – Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Membro do Consejo Artístico e do Consejo Estatal de Artes Escénicas e da Música do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Membro da Comisión redactora do informe As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas. Consello da Cultura Galega, 2013.

 

Participou como ponente ou coordinador dos seguintes congresos:

“Literatura y prensa. VI Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea”, Artabria-Grupo de Investigación da Universidade da Coruña, 2005. Coord. Fidel López Criado.

Conferencia: “Principios anovadores do teatro de Manuel Lugrís Freire”. Madrid, 26 de maio de 2006, Galería Sargadelos.

“Ciudades Europeas. Imaginarios literarios y representación cultural”. 4-14 de decembro 2006, Universidade de Kiel.

“Los sentidos y sus escrituras”, Departamento de Filología Románica, Eslava y Lingüística General – UCM, 2007. Coord. Eugenia Popeanga, Pilar Andrade y Aurora Conde.

“Foro Creativa. Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal”. AGADIC - Xunta de Galicia. Vigo, 2009.

“O estado do teatro en Portugal”, Intervençao – Associaçao para a Promoçao e Divulgaçao Cultural. Novembro 2010, Viana do Castelo. Coord. Marcelino de Sousa Lopes, José Dantas Lima e Roberto Pascual.

Conferencia: “Dirección artística e xestión de espazos escénicos. O caso dun festival internacional, a MIT de Ribadavia”. 9 novembro 2010, profesor invitado Máster de Servizos Culturais – Facultade de Humanidades de Lugo, USC.

“XXI Xornadas de Lingua e Literatura”. Santiago de Compostela, abril 2011. Coord. CIG- AS-PG.

“XXI Seminario Internacional Erotismo y Teatro en la primera década del siglo XXI”, Seliten@t-UNED (Universidad Nacional de Educación a Distancia), xuño 2011. Coord. José Romera Castillo.

“Nouvelles scènes, nouveaux dispositifs: l'émergence du théâtre galicien”, Université de Toulouse-Le Mirail et Instituto Cervantes. Maio 2011. Coord. Emmanuelle Garnier e Anxo Abuín González.

“Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño”. Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013.

“Seminario Interuniversitario Letras Galegas 2013 en Madrid”. Madrid, Espacio de las Lenguas Ibéricas – UAH Auditorio Ambrosio Morales, 16 de maio de 2013.

“Xornadas Abrente. 1973-2013. 40 anos despois da Mostra de Teatro.” Ribadavia, 13-14 de de decembro de 2013. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Deputación de Ourense, Concello de Ribadavia, MIT e Museo Etnolóxico de Ribadavia.

“Simposio Roberto Vidal Bolaño”. Real Academia Galega, A Coruña, 17 de decembro de 2013.

“Xornadas Internacionais UCM-UNED: Literatura galega: identidade, alteridade e exilio”. Madrid, 18-20 setembro 2014.

Conferencia: “Perspectiva do teatro galego contemporáneo”. 5 de marzo de 2015, Universidad de Salamanca.

“Colloque International Scènes croisées / Cruce de escenas. Métissages de la création théâtrale. Amérique hispanique / Espagne / France”. 9-10 abril 2015, Université d'Avignon.

“La création scénique contemporaine à l’heure de la mondialisation: circulations, influences, hybridations”. Université Paul-Valéry Montpellier III (Laboratoires L.L.A.C.S et R.I.R.R.A. 21) En partenariado con hTh (CDN de Montpellier) e Théâtre La Vignette (théâtre de l’université Paul-Valéry). 22-24 de marzo de 2017.

“Escenificacións de Shakespeare na escena actual e percorrido polos escenarios de Ribadavia.” En Xornadas IV Centenario de Cervantes e Shakespeare. 6 de outubro de 2016, Fundación Barrié. A Coruña. UDC.