Victor López García


Categoría: Presidente de EGANET
Data de Nacemento: 9 de decembro de 1976
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

-Licenciado en Ciencias Físicas pola USC (2002).
-Formación en linguaxes de programación Web, CMS, HTML, JavaScript, creación, deseño e mantemento de páxinas web.
-Formación en programación con linguaxes de programación de alto nivel e orientados a obxectos.
-Formación sobre Unix, Intelixencia Artificial, Instrumentación Avanzada e sistemas baseados en regras, tratamento computacional de imaxes...
-Formación sobre Redes de Computadores, protocolos...
-Desenvolvemento de bases de datos en entorno SQL.
 

 Obras realizadas

Experiencia profesional:
2002 – actualidade: AVA Soluciones Tecnolóxicas, S.L. Consultor de desenvolvemento de negocio e responsable de proxectos.
2006 – actualidade: EGANET (Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías). Secretario e, dende o 25 de marzo de 2010, presidente da asociación
2010 – actualidade: Clúster TIC Galicia. Membro do Comité Estratéxico.
1999 – 2002: Telefónica Servizos Móbiles, TSM. Xestión técnica da rede MoviStar Corporativo da Xunta de Galicia, dentro do Centro de Xestión de Rede da Consellería de Presidencia e Administracións Públicas.
 

 Outros datos de interese

Poñente en cursos e seminarios
-Decembro 2008: Membro do comité organizador do Congreso de Turismo e Novas Tecnoloxías organizado pola Xunta de Galicia (Santiago de Compostela).
-Novembro 2007 – marzo 2008: Curso de Consultoría TIC de Empresa organizado pola Escola de Negocios EOI do Ministerio de Industria, a Consellería de Industria da Xunta de Galicia e EGANET.
-Outubro 2007: Seminario de Turismo e Novas Tecnoloxías organizado pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria (Santiago de Compostela).
-Xuño 2006: IV Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios, Tech Business Week (TBW), IV Congreso de Mobilidade e Telecomunicacións organizado polo Foro e-Gallaecia (Santiago de Compostela).
-Maio 2004: Congreso FUTURINNOVA (Valladolid).
-Conferencias diversas sobre novas tecnoloxías organizadas pola USC.
-Conferencias diversas sobre emprendedores e planificación empresarial organizadas pola USC, Concello de Santiago de Compostela, etc.
-IV Encontro Hoy es Marketing 2007 - Madrid, organizado por ESIC Business & Marketing School.
 
Proxectos de investigación
 
-Membro do grupo de traballo de investigación en Turismo da Plataforma Tecnolóxica Vindeira.
-AVATUR, proxecto desenvolto por AVA Soluciones Tecnológicas e USC, con financiamento da Consellería de Innovación e Industria (2003-2006). Investigador principal.
-AVA - GSI. Central de Reservas Baseada en Tecnoloxías de Personalización e Web Semántica, proxecto desenvolto por AVA e USC, con financiamento da Consellería de Innovación e Industria (2005-2006). Investigador Principal.
-AVA SSNET - SENSOR-SOFTWARE INTEGRATED NETWORK, proxecto coordinado pola USC en colaboración da University Federico II (Nápoles, IT), University of Perugia (IT), Technical University of Lisbon, Telecommunications Institut (PT), Selex-Service Management (Roma, IT) e AVA Soluciones Tecnológicas (2007). Investigador principal en AV
-ANTENAS DE ALTAS PRESTACIÓNS DE RADIACIÓN TOROIDAL PARA APLICACIÓNS WLAN (WIFI-WIMAX), proxecto desenvolto por AVA e USC (2007-2008). Investigador Principal.
RURALBANDA - Servizos de Banda Ampla en Zonas Non Urbanas, proxecto desenvolto por AVA e USC, con financiamento da Consellería de Innovación e Industria (2003-2005). Investigador participante (inv. principal: Alejandro Rivas Capeáns).