Pablo Dopazo Gondar


Categoría: Músico
Lugar de Nacemento: Cambados (Pontevedra)
 Currículum

É licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias onde estudiou con Alfonso Mollá, finalizando os seus estudios con Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Así mesmo, estudia no Conservatoire National Supérieur de Lyon (Francia) con Mel Culbertson e Arnaud Boukhitine.

Anteriormente obtén o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grao no Conservatorio Profesional de Pontevedra co profesor Manuel Martínez Villar. Ademáis, complementa a súa formación realizando o Máster en Formación do Profesorado para Educación Secundaria.

O seu interés polo mundo do bombardino e os seus antecesores, como o serpentón e o ophicleide, ademáis da música antiga, contemporánea e o jazz, lévano a profundizar nos seus estudos con recoñecidos profesores e solistas de nivel internacional, como son: Rex Martin, Stéphane Labeyrie, Michel Godard, Patrick Wibart, Aarón Zapico, Andreas Prittwitz, Günter "Baby" Sommer, Abe Rábade, Jens Bjorn Larsen, Perry Oogendijk, Steven Mead ou Shoichiro Hokazono.

 Obras realizadas

Pablo Dopazo realizou concertos e recitais como solista en Estados Unidos, España, Portugal, Francia, Italia, Alemaña ou Suiza.

Así mesmo, é invitado regularmente como profesor en diferentes conservatorios, bandas de música e festivais para impartir cursos, seminarios ou master class.

De entre as súas colaboracións con diferentes agrupacións podemos destacar: Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, L´arpa Festante Barock Orchestra, Forma Antiqva, Teatre Nacional de Catalunya, National Youth Orchestra of the Netherlands, European Union Youth Wind Orchestra, Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, Keep in Touch Tuba Project ou o Centro Dramático Galego.

 Outros datos de interese

Actualmente exerce como docente no Conservatorio de Música de Cambados (Pontevedra) e no Centro de Formación Los Olmos (Cambados), tarea que compaxina cunha intensa laboura ofrecendo recitais e master class difundindo o bombardino, o ophicleide e o serpentón.